InicioMOV. SOCIAISSantiago reforza o seu compromiso coa cooperación internacional cun curso sobre axuda...

Santiago reforza o seu compromiso coa cooperación internacional cun curso sobre axuda humanitaria e unha nova convocatoria de 400.000 euros en subvencións

O Cersia acolleu a xornada formativa ‘Saber doar. A axuda humanitaria desde os concellos’, organizada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e inaugurada pola concelleira María Rozas

Publicado o

Xornal de Compostela

O edificio Cersia Empresa acolleu este mércores o curso ‘Saber doar. A axuda humanitaria desde os concellos’, unha xornada formativa promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade da que forma parte o Concello de Santiago de Compostela. A sesión estivo dirixida ao persoal político e técnico das administracións locais, así como ao tecido asociativo, co obxectivo de mellorar a planificación e coordinación da axuda humanitaria en situacións de emerxencia.

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, foi a encargada de inaugurar a xornada. Durante a súa intervención, subliñou “o papel relevante que debemos ter as administracións locais en materia de axuda humanitaria e cooperación internacional, un convencemento co que traballamos desde o Concello de Santiago”. A tenenta de alcaldesa agradeceu tamén o labor do Fondo Galego e das persoas participantes, e destacou a necesidade de actuar “con coñecementos, certa preparación e moita coordinación” para garantir unha acción solidaria eficaz e respectuosa coa dignidade das persoas afectadas.

O curso abordou casos reais de resposta a crises, como a DANA de Valencia de 2024 ou situacións derivadas de conflitos internacionais, incidindo na importancia de axustar a axuda ás necesidades reais da poboación e evitar erros de xestión que agraven as emerxencias. A proposta forma parte da aposta municipal por fortalecer as capacidades institucionais e promover unha cooperación informada e ética.

Neste contexto, María Rozas anunciou que o Concello destinará 400.000 euros á nova convocatoria de subvencións de cooperación ao desenvolvemento, mantendo así o orzamento “máis alto desde a creación desta liña de axudas” e un 138% superior ao de 2022. As axudas están dirixidas a Organizacións Non Gobernamentais de Desenvolvemento (ONGD) que realicen proxectos en países empobrecidos, con un máximo de 40.000 euros por proxecto e un prazo de execución de 12 meses.

As bases da convocatoria, aprobadas recentemente pola Xunta de Goberno, foron elaboradas en colaboración coa Coordinadora Galega de ONGD e incorporan novidades derivadas do Real Decreto 188/2025, como un novo sistema de xustificación simplificado, que exime ás entidades de presentar facturas ou xustificantes de gasto coa documentación final.

Na convocatoria anterior subvencionáronse 14 proxectos de cooperación, catro deles en África —en Guinea, Congo e Mozambique— e o resto en América Latina, con actuacións en Guatemala, Bolivia, El Salvador, República Dominicana, Cuba e Nicaragua. A maioría das iniciativas estiveron centradas no acceso á auga potable e o fortalecemento da soberanía alimentaria, ámbitos que o Concello compostelán considera prioritarios na súa política de cooperación.

ÚLTIMAS

Sanmartín acusa a Xunta de obstaculizar a zona tensionada e reclama máis datos para avaliar os seus efectos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cuestionou este venres a actuación da...

A alcaldesa lamenta a morte de Beiras e chama a divulgar o seu legado entre as novas xeracións

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, expresou este venres o seu pesar...

Mercedes Rosón e as non adscritas apoian a oposición veciñal ao parque empresarial de Lavacolla

As concelleiras e o concelleiro non adscritos do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, Mila...

Santiago concederá case 2.000 bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares, 145 máis que o curso pasado

O Concello de Santiago de Compostela prevé conceder un total de 1.989 bolsas de...

“A morte de Maricarmen é un asasinato da violencia rentista”, din os acampados en Compostela

As persoas mozas acampadas na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, atribúen á...

O PSOE de Santiago solicita un minuto de silencio pola morte de Maricarmen Abascal

O Grupo Municipal Socialista de Santiago solicitou á alcaldesa, Goretti Sanmartín, a convocatoria dun...

A acampada pola vivenda no Obradoiro pide pesas, palés e vigas para reforzar as súas estruturas

As persoas que permanecen acampadas na Praza do Obradoiro para protestar pola crise da...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here