InicioMOV. SOCIAISO Pazo de Raxoi iluminarase de morado polo Día Mundial do dó...

O Pazo de Raxoi iluminarase de morado polo Día Mundial do dó xestacional, perinatal e neonatal

O Concello de Santiago súmase á iniciativa internacional para visibilizar a dor das familias que sofren perdas xestacionais ou neonatais

Publicado o

Xornal de Compostela

O Pazo de Raxoi acenderase esta noite de cor morada para conmemorar o Día Mundial do Dó Xestacional, Perinatal e Neonatal, unha xornada dedicada a concienciar sobre a perda dun bebé durante o embarazo ou nos primeiros días de vida e a ofrecer apoio ás familias que atravesan este proceso, moitas veces en silencio.

O Concello de Santiago participa así nunha campaña internacional que busca romper o tabú arredor da morte perinatal e dar visibilidade a unha realidade que afecta cada ano a milleiros de familias. A decisión foi adoptada tras unha reunión entre a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, e representantes das asociacións ‘Mariposas no Ceo’, da Asociación Galega de Familias de Nenos Prematuros (AGAPREM) e da Unidade de Neonatos do CHUS.

Durante o encontro, as entidades trasladaron ao Concello as súas demandas para mellorar os protocolos de atención sanitaria e o acompañamento ás familias. María Rozas destacou que “con este xesto queremos contribuír a visibilizar unha realidade máis frecuente do que se pensa, apoiar a quen vive duelos silenciosos e sumarnos ás súas demandas para garantir unha atención máis respectuosa e personalizada”.

Segundo datos do Ministerio de Sanidade, en España rexístranse cada ano máis de 2.000 mortes perinatais, mentres que en Galicia a taxa é de 3,57 falecementos por cada mil bebés nacidos, segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE).

A asociación ‘Mariposas no Ceo’ xurdiu da experiencia persoal de catro nais galegas que perderon os seus fillos e decidiron crear un espazo de apoio mutuo. Desde entón, o colectivo traballa no acompañamento emocional e asesoramento ás familias, así como na mellora dos protocolos do SERGAS, na formación dos profesionais sanitariose na creación de espazos de lembranza que permitan manter viva a memoria dos bebés falecidos.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O profesorado axudante doutor da USC denuncia o bloqueo das súas prazas de estabilización e esixe unha solución á Xunta

A Plataforma de Profesorado Axudante Doutor da USC denunciou este martes a situación de bloqueo...

O sindicato estudantil Fervenza celebra en Santiago a súa II Asemblea Nacional e fixa as súas próximas mobilizacións

O sindicato estudantil Fervenza celebrou este pasado sábado, 17 de outubro, a súa II...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here