InicioMOV. SOCIAISDecenas de miles de persoas percorren Compostela en defensa de Palestina

Decenas de miles de persoas percorren Compostela en defensa de Palestina

A marcha, convocada pola Coordinadora Galega de Solidaridade con Palestina, saíu da Alameda ás 12:00 baixo o lema 'Galiza con Palestina, dous anos de xenocidio, 77 anos de ocupación' e contou coa presenza de líderes do BNG, PSdeG e Sumar Galicia

Publicado o

Xornal de Compostela

A mobilización deste domingo en Santiago de Compostela congregou 80.000 persoas, segundo a organización (15.000 segundo a Policía Local), nunha marcha convocada baixo o lema “Galiza con Palestina, dous anos de xenocidio, 77 anos de ocupación”. A columna partiu da Alameda arredor das 12:00 e percorreu as rúas do centro histórico ata desembocar na Praza do Obradoiro, con consignas a favor do recoñecemento internacional e a fin da ocupación.

Dende a organización, a Coordinadora Galega de Solidaridade con Palestina, Óscar Baladares sinalou que “o xenocidio é só unha fase, son 77 anos de ocupación e, por tanto, hai que continuar mobilizando ao pobo galego para dar resposta”. Pola súa banda, Sami Ashour resumiu as demandas da convocatoria: “O que reclamamos é que termine a ocupación de Palestina e que os palestinos teñan o seu estado libre e independente, que teñan os seus dereitos como calquera outro pobo e que vivan en paz e en dignidade”.

A marcha contou coa presenza de representantes políticos. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, cualificou a participación cidadá como “unha lección de dignidade” e afirmouno como un chamamento “para parar o xenocidio”. Pontón engadiu que “os galegos e galegas saen hoxe ás rúas para falar por todo o pobo palestino que non pode facelo, por todas aquelas persoas sepultas baixo as bombas e os cascallos, por todos os nenos que non tiveron infancia”, e pediu que “o Goberno do Estado e a UE rompan todo tipo de relacións con Israel”.

Dende o PSdeG, o seu secretario xeral José Ramón Gómez Besteiro apelou a “tomar unha posición responsable” e a loitar “contra o silencio e a indiferenza”. “É un momento no que non podemos permanecer indiferentes. Non cabe a indiferenza, senón situarse e lanzar un clamor en favor da paz, da liberdade e da xustiza”, afirmou, chamando a “pór fin ao barbarismo” e a “loitar por unha sociedade máis xusta e solidaria”.

Tamén participou o secretario xeral de Sumar Galicia, Paulo Carlos López, quen destacou a “asistencia masiva” e definiu a imaxe da xornada como “unha Galicia viva, que apoia a causa palestina”.“Rexeitamos de maneira clara o esforzo imperialista do Goberno sionista xenocida, que busca inviabilizar a solución dos dous estados”, sinalou López, que ademais sentenciou que “o sitio de Netanyahu é ante a Corte Internacional”. Así mesmo, expresou o rexeitamento de Sumar ao chamado plan de paz dos Estados Unidos ao que cualificou de “delirio imperialista”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here