InicioMOV. SOCIAISA Facultade de Ciencias Políticas acollerá unha xornada sobre o xenocidio en...

A Facultade de Ciencias Políticas acollerá unha xornada sobre o xenocidio en Gaza coa proxección do documental ‘No Other Land’

A actividade terá lugar o martes 7 de outubro na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais, organizada coa colaboración da Fundación Araguaney-Puente de Culturas

Publicado o

Xornal de Compostela

A Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade de Santiago de Compostela acollerá o vindeiro martes, 7 de outubro, ás 18:00 unha xornada titulada ‘Xenocidio en Gaza. Testemuñas e Debates’. A actividade conta coa colaboración da Fundación Araguaney-Puente de Culturas, a través da Cátedra USC – Araguaney para o Diálogo entre Culturas.

Cartaz do evento – Facultade de Ciencias Políticas USC

O acto será presentado pola decana do centro, Marta Lois, e incluirá as intervencións de Marryvell Abu Nada, alumna palestina de primeiro curso de Ciencias Políticas, e da profesora de Relacións Internacionais Carmen Montero Ferrer, quen achegarán análises e experiencias arredor da situación en Palestina.

No marco da xornada proxectarase o documental No Other Land (2024), dirixido por un equipo de cineastas palestinos e israelís, que acadou o Óscar á Mellor Longametraxe Documental en 2025. A película foi estreada na Berlinale de 2024, onde obtivo varios premios, e afonda na resistencia da comunidade palestina de Masafer Yatta fronte ás expulsións e demoliciones impulsadas polas autoridades israelís.

A obra segue a historia de Basel Adra, activista palestino que documenta a destrución progresiva das aldeas da súa rexión natal, e a súa relación co xornalista israelí Yuval Abraham, nunha reflexión sobre a loita pola xustiza e a esperanza no medio dun conflito histórico.

ÚLTIMAS

Sanmartín acusa a Xunta de obstaculizar a zona tensionada e reclama máis datos para avaliar os seus efectos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cuestionou este venres a actuación da...

A alcaldesa lamenta a morte de Beiras e chama a divulgar o seu legado entre as novas xeracións

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, expresou este venres o seu pesar...

Mercedes Rosón e as non adscritas apoian a oposición veciñal ao parque empresarial de Lavacolla

As concelleiras e o concelleiro non adscritos do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, Mila...

Santiago concederá case 2.000 bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares, 145 máis que o curso pasado

O Concello de Santiago de Compostela prevé conceder un total de 1.989 bolsas de...

“A morte de Maricarmen é un asasinato da violencia rentista”, din os acampados en Compostela

As persoas mozas acampadas na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, atribúen á...

O PSOE de Santiago solicita un minuto de silencio pola morte de Maricarmen Abascal

O Grupo Municipal Socialista de Santiago solicitou á alcaldesa, Goretti Sanmartín, a convocatoria dun...

A acampada pola vivenda no Obradoiro pide pesas, palés e vigas para reforzar as súas estruturas

As persoas que permanecen acampadas na Praza do Obradoiro para protestar pola crise da...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here