InicioMOV. SOCIAISUnha veciña de Laraño denuncia que leva máis dun ano pedindo a...

Unha veciña de Laraño denuncia que leva máis dun ano pedindo a instalación dun espello na saída da súa vivenda

A afectada asegura que leva dende 2024 pedindo ao Concello e á Xunta unha solución sen obter resposta

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

Unha veciña de San Martiño de Laraño, no lugar da Barcia, vén de trasladar publicamente a Xornal de Compostela a súa preocupación pola falta dun espello viario na saída da súa vivenda, situada xusto despois dunha curva da estrada AC-543, ao carón da Papelera de Brandía.

Curva de saída da estrada en dirección Santiago – Cedida

Segundo explica a este medio Sefa Uzal Vieites, residente na zona, leva dende o pasado ano solicitando por escrito tanto ao Concello de Santiago como á Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) a colocación deste elemento de seguridade. “A Xunta contestoume dicindo que o Concello podía solicitarlles o permiso para instalalo, pero nin un nin outro fixeron nada”, sinala.

A veciña asegura que a saída da súa propiedade resulta perigosa debido á escasa visibilidade e á velocidade coa que circulan os vehículos. “Temos que saír a oídas e pegando un acelerón porque é a única entrada e saída que temos. No inverno aínda nos guiamos polas luces dos coches, pero agora non”, relata.

Vista aérea da saída do inmoble – Google Maps

A situación agrávase, segundo indica, pola presenza da súa nai, enferma de Alzhéimer, que a obriga a realizar desprazamentos frecuentes. “Teño máis medo cada vez que saio coa miña nai”, engade.

Uzal lembra que na contorna xa se produciron varios accidentes e advirte de que teme que só se actúe “cando me leven por diante”. Por iso pide que se coloque canto antes o espello “por seguridade viaria”.

A veciña asegura que seguirá reclamando ata obter unha solución definitiva, ao entender que o problema responde a un baleiro competencial entre Concello e Xunta que mantén a zona sen a medida de protección reclamada.

RESPOSTA DA XUNTA DE GALICIA

A este respecto, a Xunta de Galicia respondeu á veciña indicando que a súa solicitude foi recibida e que, segundo a normativa vixente —Lei 8/2013 de estradas de Galicia e a norma estatal 8.1-IC de sinalización vertical—, a instalación de espellos non está contemplada como medida de seguridade viaria nin como parte dos elementos de balizamento das estradas.

Por iso, a administración autonómica sinala que non lle corresponde acometer esa actuación. Non obstante, lembra que o Concello de Santiago pode solicitar autorización para colocar o espello, ao abeiro do artigo 43.f) da Lei de estradas, a través do procedemento administrativo IF204A na sede electrónica da Xunta.

ÚLTIMAS

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

A nova EDAR da Silvouta avanza na súa posta en marcha coa activación progresiva dos sistemas de tratamento

A nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) da Silvouta, en Santiago de Compostela,...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

O PSOE pide ao Concello que concrete os cambios nas liñas do rural tras desbloquearse o novo contrato de transporte

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que aproveite o desbloqueo...

A CIG reclama cubrir cinco prazas vacantes ante a sobrecarga da execución civil nos xulgados de Santiago

A CIG-Xustiza denunciou unha situación de "saturación estrutural" no equipo de Civil e Familia...

Louzao acusa de “instrumentalizar” o sufrimento na protesta por Ceuta e critica a actuación de Adrián Villa correndo polo Pazo de Raxoi

A portavoz do goberno local de Santiago, Míriam Louzao, criticou este xoves o desenvolvemento...

Centos de persoas percorren Santiago para denunciar o racismo ante a crise migratoria de Ceuta

Varios centenares de persoas participaron este mércores en Santiago de Compostela nunha manifestación contra...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here