InicioMOV. SOCIAISSanmartín reclama un alto ao fogo en Gaza e chama á mobilización...

Sanmartín reclama un alto ao fogo en Gaza e chama á mobilización social

A alcaldesa de Santiago participou nun minuto de silencio en memoria das vítimas e pediu unha resposta contundente da comunidade internacional

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participou este venres no minuto de silencio convocado diante de Raxoi en solidariedade co pobo palestino. Na súa intervención posterior, reclamou “un alto o fogo inmediato”, a apertura de corredores humanitarios e a fin “dun xenocidio que está a sufrir a poboación de Gaza”.

Sanmartín advertiu que a situación non se limita á destrución provocada polos bombardeos, senón tamén á falta de recursos básicos: “Hai xente que está a morrer polas bombas, pero tamén pola situación humanitaria, sanitaria e pola ausencia de alimentación”, subliñou.

A rexedora compostelá agradeceu a presenza de representantes da universidade, da Deputación da Coruña, de persoal do propio concello e do conxunto da corporación municipal, e destacou que en Santiago “todos os grupos políticos coincidiron na condena ao que está a acontecer en Palestina”.

Segundo afirmou, a comunidade internacional mantén unha actitude de “complicidade” ao non actuar con firmeza. “Non podemos ficar indiferentes, sairemos á rúa tantas veces como faga falta para reclamar un alto ao fogo”, expresou, lembrando que a situación actual “mesmo cuestiona a propia esencia da humanidade”.

Sanmartín insistiu na necesidade dunha resposta global “moito máis contundente” por parte dos estados. “Se non hai unha reacción clara e forte, non haberá outra maneira de parar esta masacre”, concluiu.

DENUNCIAS DE COMPOSTELA X PALESTINA
Diversos colectivos sociais advertiron que, nos últimos 22 meses, España pechou máis de 40 contratos de compra de armamento a empresas israelís por máis de 1.041 millóns de euros, converténdose no maior importador da UE.

As organizacións convocadas por Compostela x Palestina critican a demora do Goberno central en aplicar un embargo de armas aprobado polo Congreso en maio e reclaman que se transformen en feitos as declaracións de apoio ao pobo palestino.

Entre as súas demandas, solicitan que se garanta a chegada da Flotilla Global Summud, que partiu de Barcelona con axuda humanitaria, e que se rompan relacións diplomáticas e comerciais con Israel, incluído un embargo total de armas e tecnoloxía militar.

Os colectivos tamén instan a impedir o tránsito de material bélico por territorio español, a modificar o convenio militar con Estados Unidos e a apoiar sancións internacionais contra Israel.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here