InicioMOV. SOCIAISAs asociacións veciñais de Santiago formalizan a súa coordinadora e reclaman cambios...

As asociacións veciñais de Santiago formalizan a súa coordinadora e reclaman cambios na taxa do lixo e no transporte urbano

O colectivo acorda apoiar aos veciños de San Lourenzo contra a reapertura da sala Malatesta

Publicado o

Xornal de Compostela

A Coordinadora das Asociacións Veciñais de Santiago celebrou onte mércores unha reunión na Casa das Asociacións de Cornes, con participación de 15 colectivos e un representante da Federación de Asociacións Veciñais do Rural (FERUSA). No encontro decidiuse formalizar a Coordinadora, que quedará composta de maneira provisional polos representantes veciñais no Consello de Relacións Veciñais, e convocar reunións trimestrais ordinarias.

Entre as funcións acordadas está a elaboración de alegacións tipo para que cada entidade poida adaptalas ás súas necesidades e presentalas no Concello, así como unha proposta de actualización do Regulamento de Participación Cidadá, vixente dende 1998.

En relación coa nova taxa do lixo, as asociacións mostraron unanimidade en defender o criterio de “pago por xeración”, fronte á vinculación co valor catastral das vivendas, ao entender que este non ten relación co volume de residuos xerados. Reclaman ademais coñecer o estudo económico do servizo, incorporar as terrazas como superficie computable nos locais de hostalaría e equiparar bares e restaurantes, así como estudar modelos doutros concellos como Oviedo, onde a taxa varía en función da frecuencia de recollida. Prepararase unha alegación tipo que se remitirá a todas as entidades.

Tamén se puxo sobre a mesa a necesidade de melloras no transporte urbano, con máis frecuencias, marquesiñas e paneis de información, mellor comunicación dos cambios de horarios, renovación da flota e adaptación do tamaño dos vehículos ás rúas.

Por último, as entidades veciñais fixeron público o seu apoio á Asociación Río Sarela-San Lourenzo diante da posible reapertura da antiga sala Malatesta como local de ocio nocturno. No escrito asinado, consideran que esta actividade, cualificada pola xurisprudencia como “molesta” e “insalubre”, é incompatible co uso residencial e vulnera dereitos fundamentais como o descanso nocturno e a inviolabilidade do domicilio. As asociacións instan ao Concello a recoller esta incompatibilidade na normativa urbanística, tanto no PXOM como no PE-1.

ÚLTIMAS

Traballadores de conserxería e limpeza dos colexios de Santiago volverán á folga

Traballadores de Lacera, a empresa concesionaria de conserxería e limpeza nos colexios de Santiago,...

Declarado de interese autonómico o proxecto para crear un aparcadoiro de 1.500 prazas no CHUS

O Consello da Xunta declarou proxecto de interese autonómico (PIA) a reordenación da contorna...

O Concello renuncia á naturalización da Lagoa do Auditorio tras perder o financiamento e licita o mantemento da Rocha Forte

A Xunta de Goberno Local de Santiago acordou este luns formalizar a renuncia á...

A USC incorpora 13 obras de José María Fenollera á Facultade de Xeografía e Historia

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) recibiu en comodato 13 obras do pintor...

Traballadores de conserxería e limpeza dos colexios de Santiago volverán á folga

Traballadores de Lacera, a empresa concesionaria de conserxería e limpeza nos colexios de Santiago,...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here