InicioMOV. SOCIAISSanmartín reivindica en Compostela a figura de Ánxel Casal como símbolo de...

Sanmartín reivindica en Compostela a figura de Ánxel Casal como símbolo de compromiso e memoria

A alcaldesa lembrou que “esquecer é traizoar” e participou despois na ofrenda floral en Teo, no lugar onde apareceu o corpo do impresor e político galeguista

Publicado o

Xornal de Compostela

A praza do Obradoiro acolleu este luns un acto de homenaxe a Ánxel Casal, alcalde de Santiago en 1936 e figura clave do galeguismo, no que a rexedora compostelá Goretti Sanmartín fixo unha chamada a manter vivo o legado da memoria histórica. “Estamos aquí para escoitar esa voz que non calou, aínda que tentasen erradicala”, afirmou, engadindo que “esquecer é traizoar a quen nos fixo ser quen somos”.

Sanmartín subliñou que construír a cidade soñada por Casal non debe limitarse a un recordo simbólico, senón a “facer unha Compostela aberta, culta, galega, con servizos dignos e orgullosa de ser capital de Galiza”. A alcaldesa destacou tamén a importancia de iniciativas recentes como a recuperación das esculturas románicas do Mestre Mateo ou a creación das marcas Compostela é Memoria e As mil Marías, proxectos municipais que pretenden visibilizar o papel das mulleres represaliadas e dar continuidade ao traballo de lembranza.

No acto interviñeron tamén Xoán Xesús Carril, alcalde de Arzúa, e Lucía Calvo de la Uz, alcaldesa de Teo, xunto co reitor da USC, Antonio López, e representantes da corporación municipal compostelá. A música correu a cargo do grupo Carapaus, nun evento que reuniu a diversas asociacións e colectivos vencellados á memoria histórica.

Tras a celebración en Santiago, a alcaldesa desprazouse a Teo, onde participou na ofrenda floral organizada no monólito da Estivada da Ribeira, lugar no que foi atopado o corpo de Casal en agosto de 1936, tras ser asasinado.

A figura de Casal, alén do seu papel como rexedor de Santiago, abrangue tamén a súa condición de vicepresidente da Deputación da Coruña, membro do Partido Galeguista e das Irmandades da Fala, así como impulsor do Estatuto de 1936. A súa traxectoria política estivo sempre ligada á actividade cultural e editorial, xunto coa súa muller María Miramontes, co obxectivo de avanzar na normalización do galego e fortalecer a identidade colectiva do país.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here