InicioMOV. SOCIAISConstitúese en Compostela o proceso 'Lingua Vital' para reactivar a normalización do...

Constitúese en Compostela o proceso ‘Lingua Vital’ para reactivar a normalización do galego

Un total de 60 entidades de toda Galiza únense nesta iniciativa social para avaliar o incumprimento das políticas lingüísticas vixentes e propor medidas concretas

Publicado o

Xornal de Compostela

A proposta xorde como resposta á preocupación compartida polo retroceso no uso do galego, especialmente logo das mobilizacións masivas de novembro, febreiro e maio de 2024, nas que milleiros de persoas reclamaron nas rúas o cumprimento dos compromisos recollidos en acordos como a Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos (1996), a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minorizadas (2001) ou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (2004). As entidades promotoras alertan de que parte das medidas propostas nestes documentos non foron aplicadas e mesmo se lexislou en contra dalgunhas delas, agravando a perda de falantes e a dificultade social para manter a transmisión interxeracional da lingua.

Co obxectivo de reverter esta situación, as organizacións integradas en ‘Lingua Vital’ comezarán no último trimestre de 2025 un traballo sectorial para avaliar o grao de cumprimento das medidas previstas no PXNLG, identificar os obstáculos que impiden a súa posta en práctica e propoñer accións normativas e executivas concretas. Ademais, cada entidade comprometerase a implementar no seu ámbito aquelas accións que contribúan de xeito efectivo á normalización lingüística, ao tempo que se procurará un compromiso explícito por parte das institucións públicas para facer efectivos os dereitos lingüísticos da cidadanía.

A coordinación do proceso será participativa, mediante grupos de traballo abertos, e con contacto directo co tecido social galego, convidando a outras entidades e persoas a sumarse. Para obter máis información ou adherirse á iniciativa, está habilitado o correo queremosgalego@queremosgalego.gal.

ÚLTIMAS

Sanmartín acusa a Xunta de obstaculizar a zona tensionada e reclama máis datos para avaliar os seus efectos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cuestionou este venres a actuación da...

A alcaldesa lamenta a morte de Beiras e chama a divulgar o seu legado entre as novas xeracións

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, expresou este venres o seu pesar...

Mercedes Rosón e as non adscritas apoian a oposición veciñal ao parque empresarial de Lavacolla

As concelleiras e o concelleiro non adscritos do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, Mila...

Santiago concederá case 2.000 bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares, 145 máis que o curso pasado

O Concello de Santiago de Compostela prevé conceder un total de 1.989 bolsas de...

“A morte de Maricarmen é un asasinato da violencia rentista”, din os acampados en Compostela

As persoas mozas acampadas na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, atribúen á...

O PSOE de Santiago solicita un minuto de silencio pola morte de Maricarmen Abascal

O Grupo Municipal Socialista de Santiago solicitou á alcaldesa, Goretti Sanmartín, a convocatoria dun...

A acampada pola vivenda no Obradoiro pide pesas, palés e vigas para reforzar as súas estruturas

As persoas que permanecen acampadas na Praza do Obradoiro para protestar pola crise da...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here