InicioMOV. SOCIAISO Encontro Galego contra a OTAN convoca unha concentración en Santiago contra...

O Encontro Galego contra a OTAN convoca unha concentración en Santiago contra o rearmamento e o gasto militar

Publicado o

Xornal de Compostela

Diversos colectivos sociais e organizacións políticas participarán mañá, domingo 29 de xuño ás 12:00 nunha concentración na Praza do Toural de Santiago de Compostela para rexeitar o aumento do gasto militar e denunciar as políticas de rearmamento impulsadas pola OTAN. A mobilización, convocada polo Encontro Galego contra a OTAN, coincide co desenvolvemento do cumio da Alianza Atlántica na Haia, onde os Estados membros debaten sobre novas subas no investimento militar.

A acción, que leva por lema “Non ao rearmamento, non ao imperialismo. Gastos militares para servizos sociais”, busca visibilizar o rexeitamento ao que consideran unha “escalada armamentística que contribúe á opresión dos pobos e ao recorte de dereitos sociais básicos”. As organizacións convocantes afirman que mentres se incrementan os orzamentos destinados a armamento, redúcense partidas para ámbitos como a sanidade, a educación ou as pensións.

Entre as demandas da protesta destaca a saída do Estado español da OTAN, a supresión das bases militares estadounidenses situadas no territorio estatal e a eliminación dos gastos militares en favor dun maior investimento social.

O manifesto da mobilización critica especialmente o obxectivo de destinar o 5% do PIB ao gasto militar, medida promovida no marco da OTAN, e considera que esta aposta polo militarismo representa unha submisión aos intereses estratéxicos da Alianza Atlántica. Tamén denuncian que esta política vén acompañada dunha crecente precarización dos servizos públicos e un proceso de privatización que, a xuízo das entidades convocantes, debe ser revertido.

A mobilización conta co apoio dunha ampla variedade de colectivos como BDS Coruña, BDS Galiza, Compostela por Palestina, Esquerda Unida, Podemos Galicia, a Rede Galega pola Palestina, así como plataformas locais e agrupacións de pensionistas e comunidades saharauis.

Dende o Encontro Galego contra a OTAN fan un chamado á cidadanía compostelá a sumarse á protesta e a “rexeitar o papel crecente que se lle outorga á industria armamentística fronte ás necesidades sociais máis urxentes”.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O estudantado da USC convoca folga o 28 de abril para reclamar melloras no ensino público

O movemento estudantil da Universidade de Santiago de Compostela anunciou a convocatoria dunha folga...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here