InicioMOV. SOCIAISConvocan unha concentración diante do Parlamento para protestar pola desaparición do Máster...

Convocan unha concentración diante do Parlamento para protestar pola desaparición do Máster en Matemáticas

A plataforma que defende o mestrado da USC chama á mobilización o 11 de xuño tras o veto da Xunta á súa continuidade

Publicado o

Xornal de Compostela

A Plataforma en Defensa do Mestrado en Matemáticas da USC vén de anunciar a celebración dunha concentración diante do Parlamento de Galicia o vindeiro 11 de xuño, como resposta á desaparición deste título de posgrao na oferta pública para o curso 2025/2026. A protesta convocarase tras a decisión da Xunta de Galicia de non concederlle ao mestrado o status de singularidade, o que impide a súa continuidade na Universidade de Santiago.

A mobilización terá lugar unha semana despois da asemblea aberta prevista para este martes, 4 de xuño, ás 19:00 horas, na Aula Magna da Facultade de Matemáticas en Santiago de Compostela. Nesa sesión, a plataforma explicará os últimos pasos dados na súa campaña, os apoios recollidos ata o momento e as principais preocupacións ante a situación actual. Será, ademais, a primeira reunión desde que diferentes sociedades matemáticas galegas e estatais amosasen o seu respaldo ao mestrado.

A comunidade académica e investigadora leva semanas alertando das consecuencias da desaparición do máster, único da súa especialidade en Galicia, e que serve como vía de formación avanzada en matemáticas puras, tanto para o acceso ao doutoramento como para a docencia e a investigación.

Desde a plataforma reclaman á Xunta que reconsidere a súa decisión e permita a continuidade deste programa, ao considerar que a súa desaparición supón un retroceso para o sistema universitario galego. Tamén critican que a negativa a recoñecer a súa singularidade contrasta co apoio que outros títulos reciben noutras comunidades para garantir a súa supervivencia.

A mobilización do 11 de xuño diante do Parlamento coincidirá co debate parlamentario e pretende visibilizar a demanda de mantemento do máster entre a cidadanía e os representantes políticos. A plataforma anima á participación activa da comunidade universitaria, do alumnado e da sociedade en xeral para “defender as matemáticas puras en Galicia”.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

A campaña ’12 Comercios, 12 Sensibilidades’ dedica xuño á saúde oncolóxica e aos coidados coa colaboración de D’Aldea e Abeiratúa

A campaña '12 Comercios, 12 Sensibilidades' dedicará o mes de xuño a visibilizar o...

Traballadores de escolas infantís e centros de discapacidade colapsan San Caetano contra a precariedade laboral

O conflito laboral nos sectores da discapacidade, da atención a menores e da educación...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here