InicioMOV. SOCIAISO Concello confirma o acordo entre empresa e traballadores que pon fin...

O Concello confirma o acordo entre empresa e traballadores que pon fin á folga do lixo

Xesús Domínguez destaca que o servizo de limpeza e recollida continuará a ser vixiado polo Concello e apela á colaboración cidadá para mellorar a xestión de residuos

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

A folga do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria de Santiago de Compostela quedou desconvocada logo de que empresa concesionaria e persoal chegaran a un acordo durante a noite pasada. Así o confirmou este venres o concelleiro de Servizos Básicos, Xesús Domínguez, que cualificou a nova de ‘moi boa para toda a veciñanza’.

Dende o goberno local salientan que o Concello seguirá vixiando o cumprimento do contrato por parte da concesionaria, co obxectivo de garantir un bo servizo tanto na recollida como na limpeza das rúas. O executivo municipal incide en que manterá a súa implicación para que a prestación se desenvolva con normalidade e segundo os estándares de calidade que esixe a cidade.

Ao tempo, Domínguez fixo un chamamento á cidadanía para colaborar na correcta separación dos residuos, lembrando que este é un aspecto clave para cumprir cos obxectivos marcados pola Unión Europea en materia de reciclaxe e sustentabilidade. Tamén aproveitou para lembrar que é necesario avisar previamente para a recollida de voluminosos, a fin de garantir un servizo eficiente e respectuoso co espazo público.

A folga, que ameazaba con paralizar a recollida do lixo en plena semana das festas da Ascensión e nesta fin de semana do Banquete de Conxo, queda así neutralizada tras un acordo que, segundo fontes sindicais, incluiría melloras nas condicións laborais dos traballadores.

O presidente do comité de empresa, Ricardo Méndez, explicou que o acordo é “medianamente satisfactorio” para ambas as partes.

Deste xeito, terán un novo convenio de dous anos, fronte ao catro que propuña a empresa e no que se recollerá un incremento salarial do 2,25% cada ano. Cabe lembrar que os traballadores pedían unha subida salarial do 5% a dous anos e a proposta inicial da empresa era un aumento a catro anos do 0,75% por ano.

No que se refire á conciliación, alcanzaron un acordo polo que os traballadores terán seis días máis de asuntos propios ao ano, polo que pasarán de tres a nove. Ademais, conseguiron manter o complemento por Incapacidade Temporal e a mellora do sistema de contratación.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here