InicioMOV. SOCIAISSantiago autoriza dúas pancartas contra a mina de Touro e a guerra...

Santiago autoriza dúas pancartas contra a mina de Touro e a guerra en Gaza na Alameda

Publicado o

Xornal de Compostela

Por iniciativa da Plataforma veciñal de Mina Touro-O Pino NON e coa autorización Concello de Santiago, instalouse este venres 11 de abril unha pancarta na entrada da Alameda compostelá onde se manifesta o rexeitamento á reapertura da mina de cobre. Ademais, autorizouse a instlación doutra pancarta denunciando o xenocidio do pobo palestino en Gaza que reza “Palestina libre” do colectivo Compostela con Palestina.

Esta acción inscríbese nas actividades para evitar que a Xunta de Galicia autorice a repertura dunha mina que, de producirse, causaría graves danos para a saúde, para o medioambiente e para a calidade de vida das persoas no corazón de Galicia. Afectación extensiva a economía agropecuaria da cunca do Ulla e da mesma Ría de Arousa, que, case inexorablemente recibiría verteduras contaminantes da actividade mineira, deteriorando gravemente o ecosistema fluvial e o sector pesqueiro e marisqueiro.

“Se a isto se lle engade a posibilidade de que se instale a pasteira ALTRI río arriba na Ulloa a catástrofe afectaría a unha das arterias fluviais máis importantes de Galicia. Estamos pois ante unha ameaza que se cerne sobre todo o país”, denuncia nun comunicado. Esta Plataforma veciñal constata, afortunadamente, que a oposición cidadá a estes proxectos está a medrar exponecialmente en todos os sectores sociais e entre xentes de todas as posicións políƟcas e ideolóxicas. Así, podería dicirse a día de hoxe, que unicamente o goberno da Xunta de Galicia e do Partido Popular seguen a apostar este tipo de proxectos industriais como estratéxicos para o país, sexa reabrir a mina de Touro -O Pino ou establecer a pasteira ALTRI na Ulloa.

“Este posicionamento choca incluso cos intereses, aspiracións e conviccións de cada día máis votantes, simpatizantes e ata militantes dese propio partido. Tanto o Concello de Santiago coma esta Plataforma veciñal consideramos axeitado e honroso compartir o espazo na porta da Alameda coa pancarta que expresa a solidariedade co pobo palestino, que compartimos”, conclúe.

ÚLTIMAS

Os non adscritos retiran a demanda contra o PSOE pola súa expulsión

Os catro concelleiros non adscritos de Santiago de Compostela --Mercedes Rosón, Gonzalo Muíños, Milagros...

Controlado o incendio de Brión tras queimar 4 hectáreas

O incendio forestal declarado na tarde do pasado martes no municipio coruñés de Brión...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

Detida despois dun accidente en Santiago tras saltar un control da Garda Civil en O Milladoiro

Unha muller foi detida tras sufrir un accidente de circulación na rúa Polonia de...

Arelas convoca unha concentración en Santiago polo Día Internacional da Visibilidade Non Binaria

A asociación Arelas anunciou a convocatoria dunha concentración en Santiago de Compostela con motivo...

Venezolanos residentes en Santiago piden apoio institucional para enviar axuda a Venezuela

O presidente da Fundación Araguaney, Ghaleb Jaber Martínez, xunto con dúas dos creadores da...

O Concello de Santiago reforza coa asociación Movemento pola Paz a atención xurídica á poboación migrante

O Concello de Santiago reforzará a atención integral ás persoas migrantes empadroadas ou residentes...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here