InicioSANTIAGOHomoxeneizar o cadro de persoal, a solución para desconvocar a folga do...

Homoxeneizar o cadro de persoal, a solución para desconvocar a folga do bus en Santiago

Os traballadores apuntan que esta saída pon fin á discriminación entre empregados da mesma empresa

Publicado o

Xornal de Compostela

Os traballadores do transporte urbano de Santiago agrupados na Unión Temporal de Empresas (UTE) Tralusa e Monbus alcanzaron un acordo que levou á desconvocatoria total da folga, polo que se cancela o paro previsto para este venres e tamén a posibilidade de converterse en indefinida.

Os condutores de Tralusa e Aulusa, as dúas corporacións agrupadas na UTE, solicitaban a creación dun cadro de persoal único para evitar un desequilibrio entre as condicións laborais duns e outros. Ata o momento, os traballadores de Aulusa encargábanse de exercer de “correturnos”, é dicir, cubrindo as libranzas por vacacións ou baixas do persoal de Tralusa.

O preacordo alcanzado este xoves coa empresa –e apoiado de forma case unánime polo persoal en asemblea posterior– supón que se elaborará un novo cadro de servizos, no que se asignará o sitio no cadro de persoal en función da antigüidade, segundo traslada a CIG en nota de prensa.

Ademais, para o persoal que permaneza como “correturnos” establécese un prazo máximo de dous anos nesta situación e un sistema rotatorio equitativo para as coberturas temporais de ocos no cadro.

Para o responsable de transporte en Santiago da CIG, Inácio Pavón, “isto supón o final dunha discriminación que viña producindo desde o inicio desta contratación pola cal había traballadores e traballadoras con diferentes dereitos realizando o mesmo traballo”.

O representante do sindicato cualificou como un “éxito” do persoal para “demostrarlle á empresa que non se toleran xa as faltas de respecto”. Ademais, o persoal agradece a través do comunicado emitido pola organización as mostras de apoio dos usuarios do transporte público, que os “animaron a defender os seus dereitos e as súas xustas reivindicacións”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...