InicioMOV. SOCIAISA Asociación de Pacientes do CHUS denuncia atrasos nas consultas polo sistema...

A Asociación de Pacientes do CHUS denuncia atrasos nas consultas polo sistema do ‘buzón’

O colectivo reclama que se garanta a asignación de citas no momento da solicitude para evitar prexuízos aos doentes

Publicado o

Xornal de Compostela

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS volveu expresar a súa preocupación polo uso das “axendas dinámicas”, coñecidas como o sistema do “buzón”, que consideran unha práctica ilegal segundo a normativa sanitaria vixente en Galicia. A entidade denuncia que este método de xestión de citas está a vulnerar os dereitos dos pacientes e está a provocar demoras significativas nas consultas e probas diagnósticas.

A asociación lembra que a Orde do 13 de xullo de 2004 establece que os pacientes deben recibir a data da súa consulta externa ou proba diagnóstica no momento en que é solicitada polo facultativo. Só en casos excepcionais podería quedar pendente de concretar. Con todo, denuncian que esta excepción converteuse na norma, obrigando os doentes a esperar a que se lles comunique a cita sen un prazo establecido.

Ademais, segundo explican, os profesionais sanitarios especifican unha data idónea para cada consulta ou proba, pero estas previsións non se cumpren con regularidade, xerando atrasos que afectan a doentes con patoloxías graves.

A problemática vese reflectida en testemuños como o de Patricia Vilasenín, paciente oncolóxica en remisión, que acumula nove citas pendentes de data e experimenta atrasos de ata catro meses en revisións médicas esenciais.

Teño unha resonancia cerebral pendente desde novembro de 2024 e unha consulta posterior con catro meses de atraso. As miñas revisións en Oncoloxía deberían ser trimestrais, pero estou pendente de que me concreten unha para xullo, cando a última foi hai seis meses”, explica. A paciente destaca tamén os atrasos en servizos como Xinecoloxía e a Unidade da Dor, con tempos de espera de entre dous e catro meses.

Vilasenín sinala que estas demoras afectan tanto á calidade de vida como ao estado anímico dos pacientes, destacando que a incerteza e a falta de recursos xeran impotencia e frustración. “Os atrasos non obedecen a criterios médicos, senón a problemas de organización e falta de medios”, denuncia.
RECLAMAN A ELIMINACIÓN DO SISTEMA DE ‘BUZÓN’

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS insta ao SERGAS a recuperar o sistema de asignación inmediata de citas, de maneira que todos os pacientes co criterio médico necesario reciban unha data concreta desde o momento en que solicitan unha consulta especializada ou proba diagnóstica.

Ademais, solicitan a eliminación do sistema de “buzón” e a posta en marcha dun procedemento regulado que garanta que os tempos de espera respecten os criterios clínicos e as necesidades dos pacientes. O colectivo lembra que o acceso á sanidade en condicións adecuadas é un dereito fundamental e que a xestión administrativa non pode estar por riba das necesidades médicas da cidadanía.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here