InicioMOV. SOCIAISSumar Galicia reclama a construción de vivenda pública en Santiago

Sumar Galicia reclama a construción de vivenda pública en Santiago

O movemento político considera insuficiente a aposta exclusiva pola rehabilitación

Publicado o

Xornal de Compostela

A coordinadora comarcal de Movemento Sumar Galicia urxiu este martes ao goberno municipal de Santiago e á Xunta de Galicia a cambiar a súa política de vivenda, apostando pola construción de novas promocións públicas en solo municipal. Segundo explicou a secretaria comarcal de Compostela, Isabel Pasín, a rehabilitación por si soa non é suficiente para afrontar a crise habitacional que vive a cidade.

“É de urxente necesidade construír novas vivendas en solo público para garantir prezos accesibles e facilitar o acceso á vivenda a mozos e mozas e ás familias traballadoras”, afirmou Pasín, insistindo en que a falta de oferta de vivenda pública está agravando a situación.

O PREZO DA VIVENDA DISPAROUSE UN 49,2% DENDE 2020

A organización política destacou que os datos sobre o incremento dos prezos da vivenda en Santiago confirman a necesidade dun cambio na política habitacional. O prezo do alugueiro, que en 2020 era de 6,3€/m², subiu ata 9,4€/m², o que supón unha suba do 49,2% en só catro anos. Esta tendencia, segundo Sumar Galicia, está a comprometer a economía das familias e mesmo a súa saúde, debido á inestabilidade que xera a dificultade para acceder a un fogar.

A formación política propón que Santiago recupere a promoción de polígonos de vivendas como Fontiñas, Salgueiriños ou Conxo, combinando a rehabilitación con novas construcións de vivenda de protección oficial en réxime de alugueiro e propiedade.

CRÍTICAS Á FALTA DE ACTUACIÓN DO GOBERNO MUNICIPAL E DA XUNTA

Desde Sumar Galicia critican a falta de planificación do goberno municipal do BNG, ao que acusan de negarse a ampliar o parque público de vivenda, e sinalan que a Xunta de Galicia non ten unha estratexia para abordar o problema do acceso á vivenda en Compostela.

A portavoz de Sumar no Congreso, Verónica M. Barbero, tamén se pronunciou recentemente sobre esta cuestión, subliñando a necesidade de “pasar das palabras aos feitos” e intervir no mercado para frear a especulación. Segundo a deputada, “hai ferramentas para baixar os alugueiros, pero o antigo bipartidismo resístese por razóns que non entendemos: ao PSOE fáltalle valentía e o PP sitúase directamente en contra da cidadanía”.

A coordinadora comarcal de Sumar Galicia en Terras de Compostela concluíu a súa valoración asegurando que a cidade precisa un novo modelo de vivenda, que combine rehabilitación e nova construción para garantir o acceso xusto e accesible a toda a veciñanza compostelá.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

A campaña ’12 Comercios, 12 Sensibilidades’ dedica xuño á saúde oncolóxica e aos coidados coa colaboración de D’Aldea e Abeiratúa

A campaña '12 Comercios, 12 Sensibilidades' dedicará o mes de xuño a visibilizar o...

Traballadores de escolas infantís e centros de discapacidade colapsan San Caetano contra a precariedade laboral

O conflito laboral nos sectores da discapacidade, da atención a menores e da educación...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here