InicioMOV. SOCIAISO paso de Colombia que deu Galicia non hai tanto tempo

O paso de Colombia que deu Galicia non hai tanto tempo

‘Son nenas, non esposas’ é o lema da iniciativa de Colombia contra o matrimonio infantil forzado, algo que está erradicado en Galicia, mais que desgraciadamente no acaba cos abusos aos menores na nosa terra

Publicado o

Por Tania Zaref

O pasado 13 de novembro o Senado de Colombia aproba un proxecto de lei que pretende eliminar o matrimonio infantil e as unións tempranas (MIUT). Colombia encóntrase no posto número 20 de unións de nenas e adolescentes menores de quince anos segundo Unicef. Aínda que nos pode impresionar que esta lei non existira antes, en España proclamouse en xullo de 2015, apenas nove anos.

No noso país o delito de matrimonio forzado recóllese no Código Penal desde o ano 2015 como un delito contra a liberdade no artículo 172 bis 1, o cal sanciona ao que “con intimidación grave ou violencia compeliere a outra persoa a contraer matrimonio será castigado cunha pena de prisión de seis meses a tres anos e seis meses con multa de doce a veinticatro meses, segundo a gravedade da coacción ou dos medios empleados”. 

A pesar de que en España contamos cunha lei que prohíbe esta actividade seguimos rexistrando casos. Segundo publicou Europapress no ano 2023 España rexistrou 25 matrimonios forzosos entre 2020 e 2022. En 2020 contabilizáronse 8 casos de matrimonio forzado, frente aos 5 do 2021 e os 12 de 2022.

HAI CASOS ALARMANTES EN GALICIA?

Non se encontraron estadísticas dos matrimonios forzados por comunidades dentro de España en rexistros como o Instituto Nacional de Estadísticas, mais temos moita información acerca dos delitos sexuais a menores de idade:

– Abusos e agresións sexuais a menores de 16 anos: 839

– Prostitución e corrupción de menores: 532

Europapress publica este verán o titular Galicia, quinta comunidade con menor tasa de delitos sexuais en 2023 pese a subir un 28%. Por provincias as catro galegas presentan unha taxa de delitos sexuais notablemente inferior á estatal (4,5). A máis baixa é a de Lugo (3), seguida de A Coruña (3,4), Pontevedra (3,5) e Ourense (3,7). En cifras absolutas, a provincia de A Coruña rexistrou 383 ilícitos, a de Pontevedra 332, a de Ourense 112 e a de Lugo 96.

Respecto aos datos estatais, o informe recolle que as mulleres vítimas de violencia sexual teñen maioritariamente entre 18 e 30 anos, mentres que a franxa de idade máis habitual nas vítimas varóns é entre 0 e 13 anos, os cales representan o 42,6% do total de vitimizacións.

As agresións aos menores non cesan e ano tras ano desvélanse novos delitos. Recordemos en 2018 cando se desvelou unha macroperación de contrabando con pornografía infantil en Santiago de Compostela na que había 79 personas implicadas; 2022 cando o colexio concertado La Salle tivo entre os seus docentes católicos un abusador; e o ano pasado, 2023, cando un pai violou a súa filla.

CAL PODE SER A RAZÓN PARA UN MATRIMONIO INFANTIL?

Unicef establece que o matrimonio infantil é habitualmente resultado dunha arraigada desigualdade de xénero, en que as nenas son casadas por membros da súa familia a unha temprana ideade coa fin de reducir a súa carga económica e obter ademais ingresos; ainda que tamén hai casos que as casan coa esperanza de que así teñan un futuro mellor e teñan alguén con máis poder que a poidan protexer.

O matrimonio forzado infantil poñen a vida e a saúde destas nenas  en perigo, pois moitas delas sofren violencia doméstica e teñen menos probabilidades de seguir asistiendo na escola. Ademais, as nenas casadas adoitan quedar embarazadas durante na súa adolescencia, o que aumenta o riesgo de sufrir complicacións durante o embarazo e o parto. Todo isto inflúe nas nenas con altos niveis de estrés, ansiedade e trastornos de soño.

Galicia, unha comunidade dentro dun país de benestar como España, esconde numerosos abusos a menores, mais ainda queda reducilos a cero. Todos sabemos que Colombia está no camiño adecuado para chegar ao noso número. Cal será o seguinte paso destas dúas rexións tan distanciadas para asegurar o benestar dos nosos cativos?

ÚLTIMAS

PP e PSOE alertan da caída dos indicadores turísticos de Santiago

Os grupos do PP e do PSOE puxeron o foco nas últimas horas na...

O Concello leva o patrimonio das parroquias de Santiago á hostalaría e aos centros educativos

O Concello de Santiago puxo en marcha o proxecto 'Compostela Iconográfica. Patrimonio Vivo nas...

A reitora da USC chama á “tranquilidade” tras os erros na PAU e garante unha avaliación “xusta”

Mensaxe de acougo dende a cúpula académica galega. A reitora da USC, Rosa Crujeiras,...

Santiago impulsa unha actividade de prevención de incendios con máis de 700 escolares inscritos

O Concello de Santiago puxo en marcha a terceira edición da Semana da Prevención,...

As traballadoras do téxtil avalían novas mobilizacións tras levantar a acampada trasladada a Santiago

As representantes dos traballadores do sector téxtil estudan cos persoais a definición dunha nova...

Temperaturas de máis de 30 graos e goteiras: o comité de empresa denuncia tres anos sen solucións na residencia DomusVi de Pontepedriña

O comité de empresa da residencia de maiores Fundación José Otero-Carmela Martínez, xestionada por...

A protesta do téxtil trasládase a Santiago e acampan fronte á Confederación de Empresarios

A acampada de representantes de traballadoras e traballadores do sector téxtil contra o convenio...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here