InicioMOV. SOCIAISUSO-AENA denuncia a falta de iluminación no aparcamento de longa estancia do...

USO-AENA denuncia a falta de iluminación no aparcamento de longa estancia do Aeroporto de Santiago

O sindicato reclama medidas urxentes para reparar o alumeado no acceso ao aparcamento, afectado por un problema que persiste desde hai dous anos

Publicado o

Xornal de Compostela

A Sección Sindical de USO-AENA no Aeroporto de Santiago de Compostela-Rosalía de Castro alertou sobre a falta de iluminación no acceso ao aparcamento de longa estancia e nas zonas circundantes, unha situación que, segundo indican, persiste desde hai case dous anos. O sindicato sostén que, a día de hoxe, ningunha farola funciona neste acceso nin nas zonas próximas, como o vial cara á terminal de carga ou os arredores da gasolineira Shell.

A USO-AENA manifestou que mantivo diversas reunións con responsables de Enxeñaría e Mantemento de AENA e coa dirección do aeroporto, mais sen obter solucións concretas. Desde o sindicato destacan que a falta de iluminación representa un risco importante para a seguridade dos condutores e peóns que frecuentan estas áreas, ademais de poñer en cuestión a seguridade aeroportuaria.

A sección sindical vincula este problema á externalización dos servizos de mantemento, anteriormente xestionados por persoal propio de AENA e agora delegados en empresas externas, o que, segundo afirman, dificulta o control e seguimento do mantemento.

Finalmente, USO-AENA solicita a reparación inmediata do alumeado en todas as áreas afectadas, reclamando unha solución urxente para garantir a seguridade tanto de viaxeiros como dos traballadores que empregan diariamente este aparcamento.

ÚLTIMAS

Rosa Crujeiras e Maite Flores pasan á segunda volta nas eleccións á reitoría da USC

A USC vén de pechar a xornada de votación electrónica para a elección da nova reitora...

Goretti Sanmartín reivindica no Debate do Estado do Concello as bases dun modelo urbano e social para as vindeiras xeracións

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, compareceu este xoves 12 de febreiro no Pleno...

Grande aumento na participación das eleccións na USC: o 87% do profesorado permanente e case unha cuarta parte do estudantado

A USC vén de facer público o segundo adianto de participación nas eleccións á...

O Concello estuda limitar novos hoteis en edificios completos para frear a perda de vivenda no centro histórico

O Goberno local de Santiago de Compostela está a estudar a modificación dos requisitos...

‘Arroupa Moda Re-‘ inicia en Santiago a construción dunha nova planta téxtil con impacto estimado de 132 empregos

A empresa de inserción Arroupa Moda Re-, promovida por Cáritas Diocesana de Santiago, puxo...

A folga no transporte urbano deixa operativas só parte das liñas urbanas con servizos mínimos

Santiago amence este mércores co inicio da folga indefinida no transporte de viaxeiros por...

CC.OO. ameaza con mobilizacións ante o “bloqueo” na negociación do convenio de xardinaría en Santiago

O sindicato Comisións Obreiras (CC.OO.) anunciou este luns que non descarta "tomar medidas en...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here