O Goberno local de Santiago anunciou a reapertura do parque de Bonaval, tras tres semanas pechado polo derrube de parte do muro que albergaba os nichos do antigo cemiterio. Fontes municipais confirmaron que está permitido o acceso á zona, despois de levar a cabo a colocación dun valado de seguridade, encargado con este fin, na zona afectada pola caída do muro.
O suceso tivo lugar o pasado xoves, 12 de febreiro, cando parte do muro do antigo cemiterio de Bonaval veu a baixo. O persoal municipal de arquitectura vinculouno á acumulación de auga no terreo superior, que aumentou o peso e a presión coa consecuencia do pulo dun muro de pedra e mampostería e a posterior caída de nichos. Esta situación obrigara a perimetrar a zona e a pechar o acceso á zona da ábsida da igrexa, ao espazo do cemiterio e a zona do parque adxacente para evitar riscos ante “posibles novos desprendementos”.

