InicioECONOMÍACasino Santiago abrirá as súas portas en outubro e forma aos seus...

Casino Santiago abrirá as súas portas en outubro e forma aos seus primeiros crupieres

O primeiro casino en Santiago ultima detalles para a súa apertura e inicia a formación dun grupo de 22 alumnos na súa escola de crupieres

Publicado o

Xornal de Compostela

O Casino Santiago abrirá as súas portas nas próximas semanas na avenida de Vilagarcía, número 8, no Ensanche compostelán. Aínda que a data de inauguración non é oficial, desde o Grupo Comar avanzan que a apertura terá lugar antes de que remate o mes de outubro. Este será o primeiro local deste tipo na capital galega e funcionará como sala apéndice do Casino Atlántico da Coruña.

Ademais, o Casino Santiago xa puxo en marcha a súa escola profesional de crupieres, co obxectivo de formar aos futuros expertos do sector. Este programa formativo busca capacitar aos alumnos en habilidades técnicas e humanas, ensinando desde o manexo de fichas e cartas ata o cálculo mental rápido, necesario para desenvolver a súa actividade nas mesas de xogo.

O curso, que combina teoría e práctica, comezou con 22 alumnos seleccionados, que se están formando en mesas de xogo reais, simulando desde o primeiro día a experiencia dun casino. Desde o Grupo Comar destacan que “o traballo dun crupier non é só cuestión de azar, senón de precisión, rapidez mental e unha destacada habilidade manual“.

A empresa coruñesa explicou que a escola tamén inclúe formación en atención ao cliente, intelixencia emocional e habilidades interpersoais, co obxectivo de garantir unha experiencia de calidade nas salas de xogo.

O Grupo Comar, liderado por José Collazo, levaba tempo planeando a apertura dun casino en Santiago, tras un primeiro intento frustrado no hotel Araguaney, na rúa Montero Ríos, que non acadou a licenza de obra. Finalmente, o proxecto ubicarase no baixo da avenida de Vilagarcía, onde anteriormente había un supermercado.

ÚLTIMAS

Un paciente denuncia a saturación das Urxencias do CHUS con 20 persoas nos corredores

Un paciente do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) denunciou que 20 persoas ocupaban...

O Sindicato de Vivenda de Compostela denuncia que unha manifestante ingresou no hospital tras unha agresión policial

O Sindicato de Vivenda de Compostela denunciou que varias participantes nas mobilizacións da folga...

Santiago supera por primeira vez as 2.000 bolsas de comedor, material escolar e extraescolares

O Concello de Santiago concedeu 2.083 bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares...

Casa 47 ofrece nove vivendas en Teo con alugueiros de entre 486 e 644 euros ao mes

Nove vivendas de Teo forman parte da nova convocatoria de alugueiro asequible de Casa...

O sector asegurador reúne en Santiago a 400 profesionais para abordar os retos da dixitalización e da substitución xeracional

Compostela acolleu este xoves o XII Encontro Asegurador Galego, unha cita que reuniu arredor...

COGAMI forma en Santiago a 15 persoas de nove concellos para facilitar a súa incorporación ao mercado laboral

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) iniciou en Santiago unha nova acción...

Santiago aproba a reforma da rúa de Mallou por 1,3 millóns e avanza na regulación do comercio da Cidade Histórica

A Xunta de Goberno local aprobou este luns unha serie de acordos relacionados coa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here