InicioSOCIEDADEA USC incrementa en 24 a súa proposta de novas prazas de...

A USC incrementa en 24 a súa proposta de novas prazas de profesorado para este ano

Dá visto e prace á creación das cátedras institucionais Otero Pedrayo e Araguaney para o diálogo entre culturas

Publicado o

Xornal de Compostela

O Consello de Goberno dUniversidade de Santiago de Compostela (USC) acordou este mércores incrementar a oferta de prazas de PDI para este ano en 24, tras actualizar, a data do 1 de setembro, as cifras do cómputo de baixas inicial. Deste xeito, conforme detallou a institución nun comunicado, se na primeira planificación a previsión de baixas era de 43 profesores e profesoras, agora a cifra final das coñecidas (que inclúe xubilacións forzosas, falecementos, excedencias voluntarias sen reserva de posto e xubilacións voluntarias) ascende a 57 profesores e profesoras, 14 máis que as previsións iniciais.

En consecuencia e tal e como se fixo en anos anteriores, a USC informou de que o seu Consello de Goberno deu o visto e prace a unha ampliación complementaria que permita atender as necesidades creadas como consecuencia das xubilacións non contabilizadas inicialmente, así como outras situacións sobrevindas e, en particular, a reposición de prazas de profesorado temporal que quedaron vacantes, fundamentalmente como consecuencia do desenvolvemento de concursos de profesorado.

Esta nova planificación, explica a USC, prevé a creación de 21 prazas de profesorado axudante doutor, 15 delas en Santiago e seis en Lugo, e a reposición de tres prazas vacantes. A USC destacou que esta liña de intervención profunda na planificación estratéxica que a USC leva desenvolvendo nos últimos anos a través de procesos que inciden na estabilización e a promoción do seu persoal docente e investigador. Deste xeito, sinala que as medidas levadas a cabo ata agora nesta materia permitiron facer fronte á substitución xeracional e xerar ao tempo unha oportunidade para crear prazas que favorezan o inicio da carreira investigadora.

DÚAS NOVAS CÁTEDRAS

Na mesma sesión, acordouse a creación de dúas novas cátedras institucionais. Por unha banda, a Otero Pedrayo créase para contribuír a manter e expandir o coñecemento do legado artístico e intelectual de Ramón Otero Pedrayo, en tanto figura destacada da Galicia do século XX. Por outra banda, a cátedra institucional Araguaney para o diálogo entre culturas nace co obxectivo de fomentar a docencia, a investigación e a transferencia de coñecemento no ámbito da xestión cultural e dos estudos interculturais. Trátase de fomentar o achegamento entre a cultura española, con especial fincapé na cultura galega, e as culturas árabes, mediterráneas e hispanoamericanas e crear espazos destinados á reflexión sobre as dinámicas interculturais presentes nas sociedades contemporáneas.

Ademais, en materia de persoal, aprobouse unha modificación da RPT de PTXAS Laboral así como a incorporación á Universidade de 10 persoas beneficiarias do Programa Ramón e Cajal, que se distribuirán entre 9 áreas de coñecemento, a maioría delas con previsión de necesidades de persoal no ano de estabilización ou nos dous anos seguintes. Tamén se deu luz verde á convocatoria anual 2024-2025 para a tramitación de novas propostas e modificacións de memorias de titulacións de grao, másteres universitarios e programas de doutoramento, que establece prazos e requisitos concretos.

A sesión completouse coa aprobación de declaración de carácter excepcional e singular de dúas solicitudes de subvención obxecto de convenio á Deputación da Coruña para financiar a organización da 27 Conferencia Europea en Intelixencia Artificial (ECAI) e o Informe anual sobre a Economía Galega de 2023, así como de novos logos para as cátedras de Cultura Latinoamericana Alejo Carpentier e de Saúde Ambiental. A memoria do Instituto de Ciencias da Educación foi outro dos asuntos tratados.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...