InicioECONOMÍASantiago acollerá os Energy Days para debater sobre enerxía, industria e dixitalización

Santiago acollerá os Energy Days para debater sobre enerxía, industria e dixitalización

O foro, organizado por Cluergal, reunirá máis de 600 especialistas e empresas innovadoras na Cidade da Cultura do 8 ao 10 de outubro

Publicado o

Xornal de Compostela

A Cidade da Cultura de Santiago de Compostela será o escenario dos Energy Days, un foro de debate sobre enerxía, industria e dixitalización organizado polo Cluster de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal), que terá lugar entre o 8 e o 10 de outubro. O evento reunirá a máis de 600 profesionais e empresas innovadoras de toda España para presentar os últimos avances en sectores clave para o presente e futuro de Galicia.

O xerente de Cluergal, Oriol Sarmiento Díez, explicou que o obxectivo de Energy Days é crear un espazo de intercambio de coñecementos en áreas como as renovables, eficiencia enerxética, mobilidade e sustentabilidade, fomentando ademais o networking a través de actividades paralelas. O foro dividirase en tres eixes temáticos: enerxía, industria e dixitalización, abordando cuestións como o hidróxeno renovable, a eólica mariña e as tecnoloxías da Industria 4.0, incluíndo intelixencia artificial e blockchain.

O evento contará tamén cunha zona de exposicións onde as empresas poderán mostrar os seus produtos e establecer contacto con profesionais, administracións e público en xeral. As inscricións para participar están abertas na web www.energydays.es.

ÚLTIMAS

O PP de Santiago denuncia “insultos” de manifestantes da CNT durante unha actividade informativa en Carreira do Conde

O Partido Popular de Santiago denunciou este venres un incidente con participantes nunha manifestación...

A CIG denuncia ante a Inspección de Traballo deficiencias de seguridade no laboratorio do Hospital Clínico de Santiago

A CIG-Saúde presentou unha denuncia ante a Inspección de Traballo pola situación do Laboratorio...

Santiago cederá á Xunta unha parcela na Muíña para construír 123 vivendas públicas de alugueiro

O Concello de Santiago cederá á Xunta de Galicia unha parcela municipal na Muíña...

Un veciño de Santiago asegura que tivo que mudar de casa tras anos de acoso homófobo por parte dun matrimonio

A Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, xulgou este venres un matrimonio...

Goretti Sanmartín celebra que a Xunta acepte construír 123 vivendas públicas de alugueiro nunha parcela municipal de Santiago

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, valorou este xoves como unha noticia...

O VIII Congreso Internacional Aeroespacial reúne en Santiago a máis de 200 representantes do sector

O VIII Congreso Internacional Aeroespacial (CIAG) reuniu no Palacio de Congresos de Santiago de...

O Concello aproba a rehabilitación do Palacete do Espiño por 1,2 millóns de euros

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns, 26 de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here