InicioECONOMÍAA USC analiza os cambios no sistema pesqueiro da anchoa no Golfo...

A USC analiza os cambios no sistema pesqueiro da anchoa no Golfo de Biscaia tras o colapso entre 2005 e 2010

Un estudo interdisciplinar da universidade compostelá revela que, malia a recuperación do stock de anchoa, o sistema socio-ecolóxico non recuperou as súas características previas

Publicado o

Xornal de Compostela

O sistema socio-ecolóxico da pesca da anchoa no Golfo de Biscaia experimentou importantes transformacións tras o peche da pescaría entre 2005 e 2010. Estas mudanzas foron analizadas na investigación internacional titulada ‘A systemic approach to analyzing post-collapse adaptations in the Bay of Biscay anchovy fishery’, recentemente publicada na revista científica Canadian Journal of Fisheries and Aquatic Sciences. O estudo contou coa participación do profesor da Universidade de Santiago de Compostela e membro do CRETUS, Sebastián Villasante.

O traballo, que se posiciona como o primeiro estudo interdisciplinar sobre o impacto do peche desta especie en España e Francia, destaca que, malia a recuperación da poboación de anchoa, o sistema pesqueiro non volveu ao seu estado anterior ao colapso, perdéndose características socio-económicas significativas.

RESPOSTAS DESIGUAIS ANTE O COLAPSO

Os investigadores constataron que as perdas e ganancias derivadas do colapso da pesca da anchoa variaron entre os diferentes actores do sistema pesqueiro. En Francia, a redución máis significativa produciuse nos arrastreiros peláxicos, cunha diminución do 70% da flota. Pola súa banda, a flota vasca de cerqueiros tamén experimentou unha redución do 40% entre 2001 e 2009, mentres que a española viu reducida a súa capacidade nun 22%.

En Galicia, unha das rexións máis importantes para a pesca da anchoa en España, os comportamentos foron diferentes. Segundo o profesor Villasante, “moitos profesionais desprazáronse temporalmente ao sector da construción, pero volveron á pesca unha vez recuperado o stock na década de 2010. Outros cambiaron de especie obxectivo ou adaptaron as súas zonas de pesca”.

IMPACTO NOS PREZOS E NAS EXPORTACIÓNS

Durante a moratoria, os prezos da anchoa rexistraron un aumento significativo, especialmente en 2006, cando os prezos alcanzaron máximos históricos, chegando a 14€/kg en Francia. Trala crise, o sistema pesqueiro entrou nun novo réxime de prezos, que se estabilizaron en Francia pero continuaron baixando en España.

A nivel de exportacións, a moratoria impactou nas importacións de produtos frescos, mentres que as importacións de anchoas en conserva aumentaron notablemente, alcanzando as 10.000 toneladas en 2021. Villasante explicou que este aumento se debe á deslocalización de grandes plantas de procesado a Marrocos, onde o custo da man de obra é cinco veces menor.

Os investigadores esperan que esta análise retrospectiva sirva de base para comprender as respostas a longo prazo aos cambios socio-ecolóxicos na pesca e identifique mecanismos de gobernanza que apoien a sostibilidade dos sistemas pesqueiros fronte a futuras perturbacións.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here