InicioECONOMÍAA Xunta avanza na construción do novo edificio do CESGA con fondos...

A Xunta avanza na construción do novo edificio do CESGA con fondos europeos

Os 47,7 millóns de euros do PERTE Chip permitirán mellorar as infraestruturas tecnolóxicas e a capacidade de supercomputación

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta de Galicia iniciou os preparativos para construír o futuro edificio do Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (CESGA), grazas á captación de 47,7 millóns de euros de fondos europeos. Estes recursos, obtidos a través do mecanismo de Recuperación e Resiliencia no marco do PERTE Chip, destinaranse á creación dun edificio que albergue as novas infraestruturas tecnolóxicas do CESGA.

“O novo edificio debe incorporar unha serie de características técnicas singulares, propias deste tipo de infraestruturas, polo que xa estamos dando os primeiros pasos de análise coa valoración de distintas localizacións e parcelas”, afirmou o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, durante unha reunión de traballo. Nesta xuntanza participaron tamén a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo; o director do CESGA, Lois Orosa; e o CEO da empresa B-Global, Lluis Gironella, dentro da rolda de contactos para coñecer experiencias de éxito relacionadas con data centers noutros países.

A creación deste novo edificio suporá un importante incremento da capacidade de cálculo e almacenamento científico do CESGA, permitindo á comunidade científica galega e ao CSIC avanzar máis rapidamente na xeración de coñecemento e na innovación en múltiples ámbitos de investigación. “Este fito amosa a gran calidade e a competitividade do proxecto do CESGA e o liderado de Galicia neste ámbito”, salientou Román Rodríguez.

O novo edificio do CESGA albergará infraestruturas tecnolóxicas actualizadas e equipos de supercomputación renovados, destacando a implantación do FinisTerrae IV. Tamén contará cunha gran infraestrutura para o almacenamento e tratamento masivo de datos científicos, respondendo así ás crecientes demandas da comunidade científica galega e do CSIC.

Ademais, os fondos europeos permitirán á Xunta despregar unha infraestrutura que facilite a exploración e explotación dos paradigmas da computación cuántica. Este proxecto permitirá profundizar en áreas como a física de altas enerxías, climatoloxía, oceanografía, ciencia de materiais, ciencias da vida, deseño de fármacos, medicina personalizada, intelixencia artificial, sustentabilidade e optimización de procesos industriais.

O proxecto proporcionará vantaxes competitivas aos grupos de investigación usuarios do nodo CESGA, que forman parte da Infraestrutura Científico e Técnica Singular (ICTS) integrada na Rede Española de Supercomputación (RES), ante a crecente demanda destes servizos.

ÚLTIMAS

Santiago homenaxea a Borja Iglesias tras proclamarse campión do mundo coa Selección Española

O futbolista Borja Iglesias regresou este luns á súa cidade natal como campión do...

Patadas na cabeza, unha navalla e ameazas previas: investigan dúas agresións nas festas de Conxo

Familias e amigos de dous mozos denunciaron por distintas vías que ambos tiveron que...

Educación fixa servizos mínimos nos colexios de Santiago pola folga do persoal de Lacera

A Consellería de Educación publica este luns no Diario Oficial de Galicia os servizos...

O Concello contratará un préstamo de 2,97 millóns e abre 90.000 euros en axudas para asociacións veciñais

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns o expediente para contratar...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here