InicioECONOMÍA15 minutos de atraso en Santiago na estrea dos trens Avlo

15 minutos de atraso en Santiago na estrea dos trens Avlo

Publicado o

Xornal de Compostela

Renfe estreou este luns en Galicia os trens Avlo, a súa marca ‘low cost’, tras vender as máis de 500 prazas do convoi, que saíu de Vigo minutos antes das 06.00 horas. Tras a chegada dos Avril o pasado mes de maio, o que permitiu o desembarco do AVE en Galicia, este luns Renfe comezou a rodar con Avlo polas vías galegas, o que reduce o prezo da alta velocidade.

Na súa viaxe inaugural, unha pequena incidencia técnica provocou un susto aos usuarios, quedando parado 14 minutos en Santiago. A compañía iniciou a venda de billetes para estes trens o pasado día 5, acompañados dunha campaña de ‘Superprezos’ desde 7 euros para viaxar ata o 30 de setembro.

Estes servizos prestaranse cos novos trens S106 de Renfe de rodaxe desplazable (adáptase ás distintas vías e pode circular por elas a 300 quilómetros por hora) e con 581 prazas, segundo informou a compañía nunha nota de prensa.

Así, á oferta comercial actual entre Galicia e Madrid súmanse a partir deste luns dous servizos Avlo diarios, un por sentido, que alternarán as súas orixes/destinos entre Vigo-Madrid e A Coruña-Madrid, con paso por Santiago de Compostela. Estes trens realizarán parada en todas as estacións da liña: Segovia, Medina del Campo, Zamora, Sanabria AV, A Gudiña, Ourense, Vilagarcía de Arousa e Pontevedra.

En sentido Madrid-Galicia, haberá un Avlo con saída ás 17.08 horas con destino A Coruña os luns, mércores, venres e sábados, con chegada ás 21.04 horas. Con destino Vigo Urzaiz, haberá os martes, xoves e domingos, con chegada ás 21.37 horas.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here