InicioSOCIEDADEO impacto do turismo masivo: alugueres cada vez máis inaccesibles en Santiago

O impacto do turismo masivo: alugueres cada vez máis inaccesibles en Santiago

A situación dos pisos de aluguer na cidade é cada ano peor, enfadando e frustrando tanto á veciñanza como ao estudantado

Publicado o

Por María Rego de la Torre

Co final da selectividade e do curso universitario, chega o momento no que milleiros de estudantes inician o proceso de atopar un piso en Santiago onde poder residir durante os seus estudos. Xa sexa a través de inmobiliarias, portais como Idealista ou mediante contactos persoais, atopar onde vivir na cidade compostelá non é algo sinxelo. 

Un dos principais problemas que se atopan tanto estudantes como residentes empadroados é a alta cantidade de pisos reservados para alugueres turísticos. Esta situación non é exclusiva de Santiago, senón que se estende a moitas cidades do país. A principios de ano puidemos ver como os habitantes de Canarias alzaron a voz en protesta pola ocupación turística das súas vivendas e espazos.

Arquivo – Rúa dos Pelamios – Xornal de Compostela

Segundo o Plan De Xestión Da Cidade Histórica De Santiago De Compostela, elaborado polo propio Concello, só na Cidade Histórica podemos atopar máis de 700 pisos de aloxamento turístico non rexistrados. Se se expanden estes datos ao resto de áreas da cidade, non é dificil ver de onde proveñen as queixas dos veciños sobre a explotación da vivenda para estes usos, reducindo o número de espazos dispoñibles para as persoas que fan vida na cidade durante a meirande parte do ano. O citado estudo destaca que case 1,8 millóns [de turistas] non se aloxan en hoteis do municipio”, senón que “o fan nas vivendas de aluguer”.

A consecuencia disto non só é a limitada oferta, senon que se produce “unha forte competencia entre vivenda para aluguer turístico e vivenda de uso residencial, que encarece o prezo da mesma e dificulta a permanencia da poboación residente na Cidade Histórica“. 

Se vemos os datos presentados pola páxina de Idealista sobre a evolución no tempo dos prezos dos pisos en Santiago de Compostela, pódese observar que a variación anual dos mesmos leva medrando varios anos, tendo en 2024 un aumento dun 6,7% en relación a maio do ano anterior. Esto leva a que o prezo ascenda ata case 9 euros por metro cadrado na cidade en xeral, destacando a zona do Ensanche cun prezo de 9,3 euros por metro cadrado, aumentado un 8,6% respecto ao ano pasado. Este aumento nos prezos deixa aos estudantes, que deben tamén enfrontar os gastos dos seus estudos, nunha situación economicamente complicada.

Outro dos factores que preocupa aos estudantes que viven ou buscan vivir na cidade é a calidade destes aloxamentos. A amplia presenza de humidades e mofo, illamento deficente e dormitorios de tamaños realmente pequenos son algúns dos problemas máis comúns.

Preguntando a estudantes en Santiago sobre as súas preocupacións con relación a este tema, un deles aseguraba a Xornal de Compostela que se está pagando “por unha calidade que realmente non existe”, mentres que outra delas, residente na cidade dende o ano 2015 dicía que agora está pagando “un piso que é dúas veces o que pagaba anteriormente”, indicando que a pesar diso segue sufrindo os problemas anteriormente mencionados.

Acerca das condicións dos pisos, os enquisados destacaron as humidades e o frío que pasan en inverno como os problemas máis frecuentes. Tamén foi mencionado varias veces o común que é atopar pisos nos que non hai salón, nos que convirtiron a sala de estar nun novo dormitorio para poder alugar o piso a máis xente e, polo tanto, a maior prezo.

Ademais destas situacións, que son relativamente comúns, algúns dos enquisados destacaban anécdotas máis impactantes, como ter un burato no chan da cociña que permitía o olor das cociñas dos restaurantes de abaixo impregnar permanentemente a vivenda, ou ter un oco na parede dun dos dormitorios, que creaba unha especie de fiestra á cociña. Anécdotas coma estas, así como sobre dormitorios tan pequenos que non entran unha cama e un escritorio, ou ter que tapar con cartulinas a porta da habitación porque ten cristais ao tratarse do que se supón que debería ser o salón, son relativamente comúns.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here