InicioECONOMÍASantiago autoriza a construción de 33 vivendas protexidas na rúa Manuel Ceruelo

Santiago autoriza a construción de 33 vivendas protexidas na rúa Manuel Ceruelo

A cooperativa Porto Sur levantará un edificio de catro andares nunha parcela municipal adxudicada a finais de 2025 por máis de 761.000 euros máis IVE

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago concedeu licenza á cooperativa Porto Sur para construír 33 vivendas de protección autonómica nunha parcela situada no número 1 da rúa Manuel Ceruelo. O proxecto prevé un edificio con dous sotos, planta baixa e catro andares, que contará tamén con prazas de garaxe e rochos.

A promoción desenvolverase nun terreo que formaba parte das parcelas municipais sacadas a concurso polo Concello para impulsar a construción de nova vivenda protexida na cidade. A finca foi finalmente adxudicada á cooperativa en decembro de 2025 por 761.101 euros máis IVE.

A operación municipal ten unha dobre finalidade. Por unha banda, permite incorporar ao mercado residencial novas vivendas sometidas a protección de maneira permanente e, pola outra, os ingresos procedentes da venda do solo destinaranse a financiar a creación doutras vivendas protexidas de titularidade municipal mediante actuacións de rehabilitación.

As 33 vivendas previstas na rúa Manuel Ceruelo estarán adscritas ao réxime especial de vivenda de protección autonómica, a modalidade que establece os prezos máis baixos entre as tres categorías existentes actualmente. O sistema de protección autonómica diferencia entre os réximes especial, xeral e concertado, e o planeamento urbanístico xa reservaba esta parcela para o primeiro deles.

A cualificación protexida dos pisos non terá carácter temporal. As vivendas manterán esta condición de maneira permanente, tanto por estaren construídas sobre solo desenvolvido por un promotor público como polas condicións fixadas polo propio Concello no procedemento de venda.

O destino do inmoble como vivenda protexida figura ademais na escritura de compravenda da parcela, conforme ao establecido no prego de cláusulas que regulou a licitación. Deste xeito, a promoción non poderá perder no futuro a súa condición de vivenda sometida ao réxime de protección pública.

ÚLTIMAS

Lucía Suárez, directora da Galería Dupla: “A arte é algo moi universal e nós somos unha ponte entre os artistas e o público”

A directora da galería Dupla, Lucía Suárez, asumiu este ano a presidencia de Contemporánea,...

O persoal de limpeza e conserxaría de Santiago suspende a folga tras lograr avances con Lacera

A CIG informa de que o persoal de limpeza e conserxaría dos colexios e...

Santiago activa medidas de aforro de auga ante o risco dunha vertedura de xurro no Tambre

O Concello de Santiago mantén baixo seguimento a posible chegada ao río Tambre dunha...

O Festival Maré reunirá en Santiago artistas de máis de 16 países na súa sétima edición

O Festival Maré celebrará do 23 ao 27 de setembro a súa sétima edición...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here