InicioECONOMÍAA Cámara de Comercio de Santiago chama ás empresas a participar no...

A Cámara de Comercio de Santiago chama ás empresas a participar no I Barómetro Empresarial da área

Publicado o

Xornal de Compostela

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela fixo un chamamento ás empresas de Santiago e da súa área de influencia para participaren no “I Barómetro Empresarial de Santiago e a súa Área de Influencia“. A iniciativa, impulsada por Grupo Fisela, coa colaboración da Cámara de Comercio de Santiago e Santiago en Vivo, nace co obxectivo de coñecer a realidade do tecido empresarial a través da experiencia e da visión das empresas.

Neste sentido, explicaron as entidades nun comunicado, o Barómetro permitirá obter unha visión global da realidade empresarial a partir da información achegada por empresas de distintos sectores e tamaños. Así, o estudo abordará aspectos como a actividade económica, o emprego, a captación de talento, a innovación, a transformación dixital, a sostibilidade ou a percepción da contorna empresarial, ofrecendo unha fotografía rigorosa do momento que vive o tecido económico do territorio.

Na actualidade, o traballo de campo xa está en marcha e permanecerá aberto ata o 30 de setembro de 2026 mediante un cuestionario anónimo e confidencial. Segundo aseguraron, toda a información será tratada de forma agregada e con fins exclusivamente estatísticos, “garantindo en todo momento a confidencialidade das empresas participantes”.

Unha vez rematado o proceso de recompilación da información, Grupo Fisela elaborará o informe coas principais conclusións do estudo, identificando tendencias, fortalezas, desafíos e oportunidades para o tecido empresarial do territorio. Con todo, os resultados presentaranse nun encontro empresarial previsto para o próximo mes de novembro, que reunirá empresas, institucións e axentes económicos para compartir unha visión actualizada sobre a realidade empresarial da zona.

Para a Cámara de Comercio de Santiago, dispoñer dun coñecemento preciso sobre a situación e as necesidades das empresas resulta “fundamental” para “orientar mellor as súas actuacións, trasladar as súas demandas ás administracións e seguir impulsando iniciativas que contribúan a mellorar a competitividade” do tecido empresarial.

ÚLTIMAS

Prisión provisional e sen fianza para o detido polo atropelo mortal en Bertamiráns

O detido polo atropelo mortal sucedido este mércores en Bertamiráns, no municipio coruñés de...

Borja Verea promete reducir a menos de 20 días o pagamento aos provedores do Concello de Santiago

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, comprometeuse a situar o período...

Dous detidos en Santiago mentres roubaban xoias nun domicilio do centro

Dúas persoas foron detidas o pasado domingo tras ser pilladas 'in fraganti' mentres roubaban...

Investigado por asasinato o detido logo dun atropelo intencionado en Ames no que a vítima faleceu

A Garda Civil investiga por un delito de asasinato ao detido este mércores por...

Borja Verea promete reducir a menos de 20 días o pagamento aos provedores do Concello de Santiago

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, comprometeuse a situar o período...

Dous detidos en Santiago mentres roubaban xoias nun domicilio do centro

Dúas persoas foron detidas o pasado domingo tras ser pilladas 'in fraganti' mentres roubaban...

Pedro Blanco destaca o Xacobeo 2027 como unha “oportunidade para proxectar Galicia no mundo

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, destacou o Xacobeo 2027 como unha...