InicioECONOMÍAGoretti Sanmartín reclama unha estratexia galega conxunta para reforzar a conectividade aeroportuaria...

Goretti Sanmartín reclama unha estratexia galega conxunta para reforzar a conectividade aeroportuaria de Santiago

A alcaldesa insiste na necesidade de maior liderado da Xunta e do Estado para coordinar os aeroportos galegos, ampliar rutas e avanzar en conexións ferroviarias e de mercadorías para Compostela

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, aproveitou a reunión do Comité de Coordinación Aeroportuaria de Galicia, celebrada este xoves no aeroporto de Peinador en Vigo, para reiterar a demanda do Concello compostelán dunha política estratéxica de país en materia aeroportuaria, baseada na coordinación entre as tres terminais galegas e nun maior compromiso institucional tanto da Xunta de Galicia como do Estado.

Sanmartín explicou que o encontro estivo centrado principalmente na presentación das previsións de investimentos en infraestruturas aeroportuarias para o período 2027-2031, uns documentos que, segundo indicou, aínda están en fase provisional. Porén, a rexedora subliñou que Santiago volveu poñer sobre a mesa unha reivindicación recorrente: a necesidade de superar a competencia entre aeroportos e avanzar cara a unha visión global da conectividade galega.

Neste sentido, a alcaldesa reclamou á Xunta de Galicia unha implicación máis decidida. Aínda que recoñeceu un cambio de postura por parte do Goberno galego ao mostrar disposición para contribuír economicamente á promoción de conexións aéreas, considerou que esa achega é “insuficiente” e que non responde á dimensión real das necesidades de Galicia. Para Sanmartín, o Executivo autonómico debe asumir un papel de liderado efectivo na definición das prioridades estratéxicas do sistema aeroportuario galego.

A rexedora tamén apelou ao Goberno central para avanzar nunha mellora integral das conexións vinculadas aos aeroportos, non só en relación co tráfico de pasaxeiros, senón tamén no ámbito loxístico e de mercadorías. Nesa liña, lembrou a histórica demanda compostelá da estación de mercadorías da Sionlla, unha infraestrutura que considera clave para reforzar o papel económico de Santiago.

Ademais, Sanmartín incidiu na importancia de mellorar a mobilidade terrestre asociada ao aeroporto Rosalía de Castro, incluíndo unha conexión ferroviaria directa entre Lavacolla e o centro urbano compostelán, unha proposta que, ao seu xuízo, contribuiría a fortalecer a competitividade da terminal santiaguesa.

A alcaldesa asegurou que o Concello continuará traballando na captación de rutas e na mellora das conexións do aeroporto compostelán, pero advertiu de que esta tarefa non pode seguir dependendo unicamente da administración local. “Levamos moitísimo tempo traballando en solitario”, resumiu, insistindo en que o futuro da conectividade aérea galega require coordinación institucional e planificación conxunta.

ÚLTIMAS

Santiago autoriza un cámping para 40 caravanas no Tambre e adxudica proxectos de accesibilidade en varios edificios

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns unha serie de acordos...

Muíños pide ao Concello que aclare como afecta o novo recurso á adxudicación do transporte urbano

O concelleiro non adscrito de Santiago Gonzalo Muíños reclamou ao goberno municipal información detallada...

A Xunta instala 15 paneis no río Sar para advertir do risco de inundación en Santiago

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático colocou, a través de Augas de...

Un novo recurso volve frear a tramitación do contrato do bus urbano de Santiago

A tramitación do novo contrato do transporte urbano de Santiago de Compostela afronta un...

Santiago autoriza un cámping para 40 caravanas no Tambre e adxudica proxectos de accesibilidade en varios edificios

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns unha serie de acordos...

O Concello e a Xunta retoman as conversas técnicas para desbloquear a ampliación do Quiroga Palacios

O Concello de Santiago e a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP volverán...

Vueling manterá a conexión directa entre Santiago e Bilbao durante as festas de Nadal

Vueling manterá operativa a conexión directa entre Santiago de Compostela e Bilbao durante o...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here