InicioECONOMÍAMáis de douscentos profesionais participan en Santiago nun seminario sobre ética e...

Máis de douscentos profesionais participan en Santiago nun seminario sobre ética e intelixencia artificial

O encontro, organizado polo Arcebispado e o empresariado galego, reúne expertos en filosofía, tecnoloxía e relixión para analizar o impacto da IA na educación, o traballo e a vida cotiá

Publicado o

Xornal de Compostela

Máis de douscentos empresarios, directivos e profesionais dos ámbitos educativo, sanitario e tecnolóxico participan hoxe e mañá no seminario ‘Ética e IA. A intelixencia artificial cambia ou transcende a persoa?’, organizado polo Arcebispado de Santiago en colaboración co empresariado galego.

O encontro, que pretende abrir un espazo de reflexión sobre como a intelixencia artificial afecta á formación, ao exercicio profesional e á vida diaria, comeza este xoves coa Misa do Peregrino ás 19:30 na Catedral de Santiago, na que o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Manuel Vieites, realizará a ofrenda ao Apóstolo.

Tras a cerimonia, os asistentes trasladaranse á igrexa de San Martiño Pinario, onde o Orfeón e a Orquestra Terra a Nosa ofrecerán un concerto baixo a dirección de Luís Martínez. O programa inclúe o Magníficat en Do menor de Giovanni Battista Martini e o Réquiem KV626 de Mozart na versión revisada por Spengel en 1852, con interpretación dos solistas Aida López, Julia Portela, David Ferreiro e Pablo Nieves.

As sesións académicas desenvolveranse o venres 7 de novembro na Hospedería de San Martiño Pinario, cun programa de conferencias e mesas de diálogo que reunirán especialistas de recoñecido prestixio. A inauguración terá lugar ás 09:30, seguida da conferencia de apertura da filósofa Adela Cortina, titulada “Ética e ideoloxía na IA”.

Posteriormente intervirán Senén Barro, Amparo Alonso, Teresa Rodríguez de las Heras e Ulises Cortés, que abordarán cuestións como o desenvolvemento da IA en España, a estratexia estatal, a gobernanza e o papel da educación e os valores.

Ás 12:30 celebrarase un diálogo sobre ‘A Igrexa e a IA’, no que participarán o arzebispo de Santiago, Francisco Prieto, o teólogo estadounidense Alberto Embry e o sacerdote e investigador Ricardo Mejía, moderados por José Ramón Amor Pan, da Fundación Pablo VI.

O seminario pecharase cun debate sobre responsabilidade, regulación e globalización da IA, moderado por Eladio Dapena, da Universidade Intercontinental da Empresa, e co acto de clausura previsto para as 14:15.

Entre os asistentes figuran representantes da Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Abanca, Umas, universidades galegas e estatais, así como membros das Cámaras de Comercio de Vigo e Santiago, do Club Financiero de Santiago e de diversas entidades empresariais e profesionais. O evento, segundo a organización, busca integrar a reflexión ética e humanista no avance tecnolóxico, promovendo unha visión responsable e inclusiva da intelixencia artificial.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here