InicioECONOMÍAO Concello de Santiago adxudica á empresa 'Iluminaciones Santiaguesas SL' o alumeado...

O Concello de Santiago adxudica á empresa ‘Iluminaciones Santiaguesas SL’ o alumeado de Nadal para 2025 e 2026

A compañía instalará un deseño técnico-artístico que busca crear unha atmosfera cálida e sostible nas rúas e prazas compostelás

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago de Compostela formalizou a adxudicación do contrato mixto de iluminación de Nadal á empresa Iluminaciones Santiaguesas SL, única candidata que concorreu ao proceso e que cumpriu cos requisitos establecidos no prego de condicións.

O contrato abrangue dúas campañas de Nadal consecutivas e inclúe o deseño, subministro, instalación, posta en funcionamento, mantemento e posterior retirada dos elementos decorativos en réxime de alugueiro. O orzamento total do servizo ascende a 568.700 euros con IVE, distribuídos en 241.697,50 euros en 2025, 284.350 euros en 2026 e 42.652,50 euros en 2027, correspondentes ás tarefas de desmontaxe e peche do contrato. Sen impostos, a oferta económica queda fixada en 470.000 euros.

Segundo explicou o Concello, o obxectivo é instalar un alumeado ornamental que contribúa a crear unha atmosfera cálida e acorde coa identidade da cidade, “coa intención de favorecer o goce das festas e dinamizar a actividade comercial”. A proposta inclúe arcos luminosos, elementos singulares, iluminación de árbores e photocalls en distintos espazos públicos de Compostela.

O proxecto centrarase no Casco Histórico e no Ensanche, principais áreas comerciais e de tránsito da capital galega, mais tamén se estenderá a outros puntos do municipio. A empresa comprométese a garantir valores de luminancia axeitados, emisións controladas e sistemas intelixentes de regulación, de xeito que se eviten deslumeamentos e exceso de luz durante as noites.

A contratación realizouse a través da Concellería de Deportes, Relacións Veciñais, Festas, Rural e UMAD, dirixida por Pilar Lueiro, quen subliñou que esta adxudicación “permitirá contar cun alumeado de Nadal coidado e respectuoso, pensado para acompañar á cidadanía e ao comercio durante o período festivo”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here