InicioECONOMÍAEsgotados os Bonos Corazón do Concello en hora e media

Esgotados os Bonos Corazón do Concello en hora e media

María Rozas salienta que a campaña mobilizará dous millóns de euros no comercio local cun investimento municipal de 600.000

Publicado o

Xornal de Compostela

A segunda convocatoria dos Bonos Corazón volveu ter unha acollida masiva entre a veciñanza compostelá. Segundo explicou a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, o orzamento municipal asignado —300.000 euros— esgotouse ás 11:00 da mañá, menos dunha hora e media despois da apertura do prazo.

Rozas subliñou que esta segunda edición complementa a convocatoria realizada o pasado mes de maio, na que tamén se destinou a mesma cantidade. “En total, o Concello investiu 600.000 euros, que permitirán mobilizar arredor de dous millóns de euros en vendas nos establecementos adheridos”, explicou.

A concelleira destacou o impacto positivo da medida sobre a economía local: “Son cifras que confirman que os ‘Bonos Corazón’ son unha ferramenta moi útil para incentivar as compras no comercio de proximidade“. Engadiu, ademais, que o novo formato de dúas convocatorias anuais foi acordado co tecido comercial “para coincidir con períodos de menor actividade económica nos establecementos”.

O Concello compostelán celebrou nas súas redes sociais o éxito da iniciativa, lembrando que os bonos se esgotaron completamente ás 11:00, pouco tempo despois de activarse a plataforma.

ÚLTIMAS

Traballadores de conserxería e limpeza dos colexios de Santiago volverán á folga

Traballadores de Lacera, a empresa concesionaria de conserxería e limpeza nos colexios de Santiago,...

Declarado de interese autonómico o proxecto para crear un aparcadoiro de 1.500 prazas no CHUS

O Consello da Xunta declarou proxecto de interese autonómico (PIA) a reordenación da contorna...

O Concello renuncia á naturalización da Lagoa do Auditorio tras perder o financiamento e licita o mantemento da Rocha Forte

A Xunta de Goberno Local de Santiago acordou este luns formalizar a renuncia á...

A USC incorpora 13 obras de José María Fenollera á Facultade de Xeografía e Historia

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) recibiu en comodato 13 obras do pintor...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here