InicioECONOMÍABorja Verea propón unha oficina de captación de investimentos e unha concellería...

Borja Verea propón unha oficina de captación de investimentos e unha concellería específica de Industria para Santiago

O líder popular alerta da perda de máis de cen comercios e reclama medidas para reforzar o tecido económico compostelán

Publicado o

Xornal de Compostela

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, reuniuse esta semana cos representantes da Cámara de Comercio de Santiago, nun encontro no que tamén participou Juan Bravo, vicesecretario xeral de Economía do PP. O obxectivo da xuntanza foi, segundo indicou Verea, “falar dos retos económicos e retos industriais que ten a nosa cidade”.

Durante a reunión, o portavoz popular alertou da situación do comercio local e subliñou que “no último ano, co goberno de BNG e CA, perdéronse en Santiago máis de cen comercios, que pecharon e que non van volver abrir, xa que non hai relevo comercial”. Considerou este dato como un sinal de alarma que require “poñer as luces vermellas” sobre a evolución económica da capital galega.

Verea fixo tamén referencia á debilidade da industria compostelá, apuntando que “a porcentaxe industrial do PIB en Santiago é a menor das cidades galegas, moi por debaixo da media de Galicia”. Ante esta realidade, defendeu a necesidade de “poñer medidas sobre a mesa” para fortalecer o sector.

Entre as propostas do PP figura a creación dunha oficina municipal de captación de investimentos, que se encargue de “acadar, mimar e buscar todos eses investimentos que poidan chegar á nosa cidade” e de facilitar a súa implantación. Ademais, Verea comprometeu que, con un goberno popular, Santiago contaría cunha Concellería de Industria específica, “dedicada única e exclusivamente a mellorar o tecido industrial da cidade e a porcentaxe industrial do PIB, que é moi baixa, o que supón unha débeda que temos todos con Santiago”.

Finalmente, o portavoz popular anunciou tamén a intención de crear un fondo municipal de capital-risco local, destinado a “fidelizar todos os proxectos que xeren emprego e valor engadido na capital de Galicia”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here