InicioECONOMÍAAutónomos constatan a "desaparición" de 100 comercios en Compostela no último ano...

Autónomos constatan a “desaparición” de 100 comercios en Compostela no último ano e urxen ao Concello “medidas”

O presidente de UPTA pide apostar pola peonalización e "medidas propias" do goberno local ante un "cambio de tendencia de consumo"

Publicado o

Xornal de Compostela

O presidente da Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos (UPTA), Eduardo Abad, afirmou este xoves que a situación do pequeno comercio en Santiago é “preocupante” ao sinalar –segundo datos que atribuíu ao propio Concello compostelán– que, no último ano, na cidade pecharon “100 comercios”. Ao seu xuízo, isto debería facer “saltar todas as alarmas”.

Segundo un informe de UPTA, baseado en datos da Seguridade Social, en xullo de 2025 había 7.198 traballadores autónomos en Santiago. En Galicia, a cifra é de 204.970 afiliados ao RETA en agosto deste ano, un 6 % das afiliacións por conta propia a nivel estatal. “O sector do pequeno comercio é un sector que cada vez máis sofre coa desaparición. En apenas un ano, 100 comercios pechados na cidade de Compostela e, para nós, isto é evidentemente un sinónimo de preocupación, de facer saltar todas as alarmas”, recalcou.

Nesta liña, denunciou o presidente da unión de autónomos que “o pequeno comercio está “a pagar os pratos rotos” por un “cambio de tendencia de consumo” e “equivocacións por parte da administración local”. Por iso, o representante urxiu ao Concello “tomar medidas” como, por exemplo, investir na peonalización da cidade. “Que o Concello tome partido nestas novas posibilidades para mellorar a situación do comercio porque 100 comercios desaparecidos nun ano parécenos unha razón máis que suficiente como para tomar decisións”, trasladou.

Máis aló da peonalización, o representante tamén recalcou que “o propio Concello teña políticas propias de desenvolvemento para o fomento do autoemprego“. Así, Abad sinalou tamén a dispoñibilidade de máis espazos de ‘coworking’ para autónomos participados ao 100 % polo Concello, e que permitan o desenvolvemento de actividades con “moi baixos custos”. Outra proposta impulsada por UPTA céntrase nas vendas en liña e a posibilidade de que a entrega do produto se poida facer mentres as persoas fan as compras en tendas físicas. Segundo Abad, a idea foi presentada ao goberno local xunto a unha aplicación que faría isto posible, con todo “non houbo ningunha resposta” de Raxoi.

PLAN DE “SUBSTITUCIÓN XERACIONAL”

Ademais dos datos de peches no comercio compostelán, o colectivo tamén propón á administración municipal que se “poña en marcha un plan de substitución xeracional” para permitir que persoas interesadas en coller actividades económicas o fagan a través dun “mecanismo” que conte coa participación do concello. Neste sentido, destacou Abad que, a nivel autonómico, desenvólvense medidas coas consellerías co obxectivo de alcanzar a “substitución xeracional”. “Este problema dunha idade moi elevada do tecido produtivo témolo nun ámbito da Comunidade autónoma. Non só se produce no ámbito do autoemprego, tamén laboral”, sentenciou.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...