InicioECONOMÍASantiago impulsa o Biopolo da Sionlla cun convenio coa área empresarial do...

Santiago impulsa o Biopolo da Sionlla cun convenio coa área empresarial do Tambre

O acordo busca atraer empresas e investimentos ao Polo Biotecnolóxico de Galicia e reforzar a promoción económica da cidade

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou a sinatura dun convenio de colaboración coa Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) para o desenvolvemento do Biopolo Sionlla, proxecto coñecido como Polo Biotecnolóxico de Galicia. Neste espazo funciona xa o Centro de Servizos Innovadores para Empresas Biotecnolóxicas (CSIEB).

O convenio enmárcase no chamado Acordo da Sionlla, que agrupa á Xunta de Galicia, ao Concello de Santiago, á Universidade de Santiago (USC), á Cámara de Comercio de Santiago e á propia AAET. A finalidade é impulsar a reindustrialización de Compostela e de Galicia a través da captación de proxectos de investimento e da instalación de novas empresas.

A Secretaría Técnica do Acordo da Sionlla asumirá a coordinación de actividades que permitan reforzar o papel de Santiago como polo industrial e tecnolóxico. Entre as súas funcións están organizar axendas de reunións, elaborar informes, avaliar obxectivos e propoñer novas accións, con especial atención a sectores estratéxicos como o da madeira.

Ademais, prevese o deseño de servizos para facer máis atractivo o Biopolo, a participación en feiras sectoriais, a difusión en redes sociais e a realización de visitas a empresas. Tamén se avanzará na definición dunha fórmula colaborativa para iniciar a primeira fase dos espazos industriais previstos na Sionlla.

O acordo contempla igualmente a coordinación do servizo de vixilancia das áreas empresariais de Tambre, Boisaca, Costa Vella e Sionlla cos organismos municipais, en particular coa Policía Local e os Bombeiros.

Na imaxe de arquivo que acompaña o anuncio, aparece a reunión celebrada en xullo entre o presidente da AAET, José Fernández Alborés, e a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here