InicioECONOMÍAGoretti Sanmartín celebra a acreditación de excelencia María de Maeztu ao CiMUS...

Goretti Sanmartín celebra a acreditación de excelencia María de Maeztu ao CiMUS como recoñecemento colectivo á ciencia en Compostela

A alcaldesa destaca o papel do centro na proxección internacional da cidade e no impulso dunha cultura científica ligada ao territorio

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participou hoxe no acto de celebración da concesión da acreditación de excelencia María de Maeztu ao Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), e aproveitou a ocasión para reivindicar o papel central da ciencia e da investigación no modelo de cidade que defende o actual goberno municipal.

Durante a súa intervención, Sanmartín recoñeceu o valor simbólico e estratéxico do selo concedido pola Axencia Estatal de Investigación, pero quixo destacar tamén o compoñente humano e colectivo que o fai posible. “Non hai cuestións individuais: vimos do que investigaron, do que traballaron as persoas que viñeron antes, e traballamos para conformar grupos que nos proxecten cara ao futuro”, sinalou. A rexedora compostelá insistiu en que este recoñecemento debe entenderse como un “punto seguido”, que visibiliza un traballo constante, habitualmente “na sombra”, e que agora sae á luz.

A alcaldesa recoñeceu que distincións como a María de Maeztu non só miden resultados, senón tamén visión, estratexia e capacidade de planificación a longo prazo. Para ela, o CiMUS representa “proxectos de esperanza” e avances fundamentais en campos como a xenómica ou a loita contra o cancro, cun impacto que transcende a universidade e alcanza “a poboación mundial, e de maneira moi particular, ao Concello de Santiago”.

Sanmartín puxo tamén en valor o feito de que Compostela sexa un polo de atracción científica, non só por motivos patrimoniais ou turísticos, senón pola súa capacidade para acoller talento investigador. Neste sentido, celebrou que o CiMUS sexa un dos espazos que “fan da nosa cidade un lugar onde a innovación de máximo nivel é posible”, e instou a seguir traballando para que Santiago acolla congresos, xornadas e encontros científicos que alimenten este tecido vivo.

A alcaldesa lembrou que o Concello de Santiago recoñeceu o pasado ano a directora científica do CiMUS, Mabel Loza, cunha das Albas de Compostela, tanto pola súa traxectoria en farmacoloxía como por representar un compromiso coa ciencia que forma parte da identidade da cidade: “Santiago sería outra sen ela, sen a universidade, sen un mundo investigador”.

Pecharía a súa intervención facendo referencia ás novas xeracións, aos estudantes e investigadoras que chegan a Compostela con incerteza pero coa esperanza de atopar “o seu lugar no mundo”. Un sentimento, dixo, que resume a forza transformadora do Campus Vida, ao que desexou “outros catorce anos máis de vidas que latexan”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here