InicioECONOMÍABesteiro alerta en Jealsa dos riscos dunha nova guerra comercial con Trump...

Besteiro alerta en Jealsa dos riscos dunha nova guerra comercial con Trump nun pleno da Cámara de Comercio de Santiago

Besteiro destaca en Boiro o papel das cámaras como apoio clave para a internacionalización empresarial

Publicado o

Xornal de Compostela

O pleno da Cámara de Comercio de Santiago celebrouse este martes nas instalacións da conserveira Jealsa, en Boiro, nun encontro que contou coa presenza do secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, e que se enmarca na estratexia da entidade para achegar os seus órganos de goberno ao tecido produtivo da súa demarcación. Preto dunha vintena de membros da institución cameral participaron na xuntanza, que serviu tamén para coñecer de preto o modelo de negocio dunha das principais industrias do sector conserveiro galego.

O encontro arrancou cunha visita guiada polas instalacións de Jealsa, onde os asistentes puideron coñecer os avances da compañía cara a un modelo empresarial centrado na sustentabilidade, a innovación e a economía circular. A presidenta da Cámara, María Pais, puxo en valor este tipo de iniciativas, así como o labor da entidade na promoción do crecemento económico e do emprego na súa área de influencia, que abrangue 32 concellos do sur da provincia da Coruña. ‘As cámaras, pola súa capilaridade e transversalidade, son interlocutoras idóneas para dar voz ás necesidades reais das empresas’, asegurou.

Durante o pleno tamén interveu o secretario xeral de ANFACO, Roberto Alonso, quen puxo o foco na necesidade dunha ‘unidade institucional total’ para excluír o atún das negociacións dun acordo de libre comercio entre a UE e Tailandia, advertindo de que a inclusión deste produto podería provocar unha situación de competencia desleal, especialmente grave para o sector galego polas diferenzas nos estándares de produción, entre eles a loita contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada.

A clausura do acto correu a cargo de José Ramón Gómez Besteiro, que advertiu sobre as consecuencias da ‘guerra comercial iniciada pola Administración Trump’ e o seu impacto nas exportacións galegas cara a Norteamérica, que aumentaron un 40 % nos últimos anos ata superar os 800 millóns de euros. Neste contexto, insistiu na necesidade de abrir novos mercados e ofrecer instrumentos de apoio ás empresas afectadas. Besteiro destacou tamén o labor das cámaras na promoción exterior e na modernización das pemes, mencionando especificamente programas de formación, misións comerciais e servizos de asesoramento e certificación.

A Cámara de Comercio de Santiago representa a máis de 30.000 empresas e autónomos, e desenvolve funcións que van desde a formación empresarial ata a xestión de proxectos europeos ou o impulso á dixitalización a través de eventos e colaboración con outras institucións. Entre as súas accións máis destacadas está a súa participación no programa Erasmus para Mozos Emprendedores, co que se fomenta a mobilidade e o intercambio de experiencias entre novos empresarios europeos.

A empresa anfitrioa do encontro, Jealsa, fundada en 1958 por Xesús Alonso Fernández, consolidouse nas últimas décadas como un dos referentes mundiais na fabricación e comercialización de conservas de peixe e marisco. Cun modelo de negocio diversificado en tres áreas principais —alimentación, valorización e enerxía—, Jealsa continúa apostando pola innovación e o crecemento sostible, como parte dun proxecto empresarial con forte pegada na comarca e no conxunto de Galicia.

ÚLTIMAS

Traballadores de conserxería e limpeza dos colexios de Santiago volverán á folga

Traballadores de Lacera, a empresa concesionaria de conserxería e limpeza nos colexios de Santiago,...

Declarado de interese autonómico o proxecto para crear un aparcadoiro de 1.500 prazas no CHUS

O Consello da Xunta declarou proxecto de interese autonómico (PIA) a reordenación da contorna...

O Concello renuncia á naturalización da Lagoa do Auditorio tras perder o financiamento e licita o mantemento da Rocha Forte

A Xunta de Goberno Local de Santiago acordou este luns formalizar a renuncia á...

A USC incorpora 13 obras de José María Fenollera á Facultade de Xeografía e Historia

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) recibiu en comodato 13 obras do pintor...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here