InicioECONOMÍAO Concello aproba o inicio do expediente de contratación dos Fogos do...

O Concello aproba o inicio do expediente de contratación dos Fogos do Apóstolo 2025 e 2026 e avanza na posta en marcha da plataforma loxística

A Xunta de Goberno aproba a licitación do espectáculo pirotécnico e solicita unha consulta ao mercado para definir a xestión da futura plataforma de distribución

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns o inicio do expediente de licitación para o deseño e execución dos espectáculos pirotécnicos das Festas do Apóstolo 2025 e 2026, cun orzamento de 519.138,04 euros. O acordo contempla a realización dos fogos artificiais o 24 e 31 de xullo, desde diferentes puntos da cidade, con espectáculos exclusivos deseñados especificamente para Santiago de Compostela.

En concreto, o espectáculo do día 24 de xullo terá lugar simultaneamente desde tres localizacións: Alameda, Escalinata de Fontiñas (Parque Carlomagno) e Cidade da Cultura, comezando ás 23:30 horas cunha duración mínima de 18 minutos. O do 31 de xullo, tamén ás 23:30 horas, será lanzado unicamente desde a Alameda, con 16 minutos como mínimo.

O contrato inclúe o deseño, produción, montaxe e realización do espectáculo, que deberá cumprir coa normativa vixente en materia de seguridade pirotécnica, especialmente no que atinxe ás distancias respecto de vivendas e instalacións.

CONSULTA AO MERCADO PARA A PLATAFORMA LOXÍSTICA

Outro dos asuntos tratados na sesión foi a solicitude á sociedade Mercagalicia da convocatoria dunha consulta preliminar ao mercado co obxectivo de coñecer o interese e as condicións das operadoras loxísticas na futura xestión da plataforma loxística de mercadorías para a Cidade Histórica.

Esta actuación enmárcase no convenio asinado en xaneiro de 2023 entre o Concello, o Consorcio da Cidade e Mercasa, e foi avalada na última reunión da comisión de seguimento celebrada o 28 de marzo de 2025.

Mercagalicia, entidade participada polo Concello de Santiago (51%) e Mercasa (49%), asumirá a consulta sen custo económico para a administración local, en base ao artigo 115 da Lei de Contratos do Sector Público. A consulta busca achegar información sobre o modelo de xestión, fases de implantación, tipoloxía de mercadorías, custes, rendibilidade e alternativas operativas para o sistema de distribución urbana.

A iniciativa complétase cun estudo paralelo de demanda comercial na Cidade Histórica, coordinado pola Sociedade UNINOVA, e conta cunha subvención europea de 3,9 millóns de euros, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. As obras da plataforma están a ser executadas por TRAGSA, empresa pública estatal, e xa está aprobado o proxecto de urbanización exterior.

OUTROS ACORDOS

A Xunta de Goberno acordou tamén persoarse en seis recursos contencioso-administrativos interpostos contra resolucións da Axencia de Turismo de Galicia relacionadas coa cancelación de vivendas de uso turístico.

Así mesmo, autorizouse o inicio do procedemento de recepción das obras da primeira fase do viario A Pajuela – Campo da festa de Marrozos, dentro do POS+2022-Adicional.

Por último, tomouse coñecemento da concesión de dúas subvencións en especie por parte do Consorcio de Santiago: unha para a rehabilitación do Arco de Mazarelos (188.986,87 €) e outra para a rehabilitación de fontes e elementos patrimoniais (211.686,24 €), incluíndo actuacións como a da Fonte das Praterías.

ÚLTIMAS

Confirmada a sanción de 20.000 euros a Urbaser por incumprimentos do contrato de recollida de lixo

O goberno de Santiago rexeitou o recurso de reposición interposto por Urbaser contra unha...

As Festas do Apóstolo inclúen artistas como Shego, Julian Marley, La Perra Blanco e Eris Mackenzie

Shego, Julian Marley, La Perra Blanco e Eris Mackenzie, son algúns dos artistas que...

Nova agresión a estatua de Moncho Reboiras en Santiago

A estatua de Moncho Reboiras, que o Concello de Santiago situou na rúa Carreira...

Sanmartín anuncia a recpeción das obras no Pazo de Raxoi que contará con visitas guiadas para o outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, anunciou que a Xunta de Goberno Local aprobará...

Santiago pecha cun superávit de 4,6 millóns de euros para 2025

O Concello de Santiago pechou o exercicio económico de 2025 cunha liquidación orzamentaria cun...

Wizz Air anuncia rutas de Santiago a Valencia, Bilbao e Madrid

Wizz Air anunciou este mércores a apertura de senllas bases operativas en Madrid e...

Expertos de Harvard e Oxford tratarán en Santiago o uso de datos e da IA dentro da educación

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, inaugurou este xoves unha...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here