InicioSOCIEDADESantiago ten 64 pisos turísticos con licenza municipal, ningún no centro histórico

Santiago ten 64 pisos turísticos con licenza municipal, ningún no centro histórico

No Rexistro da Xunta hai uns 750 pisos inscritos

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago conta cun total de 64 pisos turísticos con autorización municipal, segundo se recolle na relación de establecementos deste tipo que dispoñen de título habilitante municipal que publicou o consistorio local na súa páxina de Transparencia. Ningún deles, destacou Raxoi, se sitúa no ámbito do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1), cuxa normativa non permite a utilización das vivendas para a actividade turística.

Preguntado respecto diso este luns en rolda de prensa, o edil de Urbanismo, Iago Lestegás, detallou que no que vai de 2025 rexeitáronse 50 recursos que se presentaron contra declaracións de ineficacia de comunicacións previas. Tamén se incoaron 14 novas declaracións de ineficacia de comunicacións previas. Así mesmo, concretou que o seu departamento ditou 10 resolucións en expedientes de reposición da legalidade con orde de cesamento definitivo en cinco días.

Doutra banda, sobre o Rexistro da Xunta, onde hai uns 750 pisos inscritos, Lestegás afirmou que están a diminuír desde xuño, pero entre febreiro e marzo “non houbo cambios”, polo que sostivo que está “bastante estabilizado”. Nesta liña, asegurou que o consistorio local ten constancia de “24 baixas de oficio tramitadas pola Xunta”; delas, 21 en 2024. En todo caso, apuntou que 24 son as que constan de oficio, pero hai outras que notifican pero que descoñecen se é de oficio ou a petición do interesado.

TAXA TURÍSTICA

Por outra banda, a preguntas dos medios na rolda de prensa posterior á xunta de goberno local, a portavoz municipal, Míriam Louzao, insistiu en que o executivo espera a colaboración do sector para “poder sacar adiante” a taxa turística. Neste sentido, insistiu en que o Goberno local “defende claramente” este imposto que, lembrou, “existe en moitas cidades”. Así mesmo, sobre a nova Asociación de Turismo e Hostalaría de Santiago, da que asegurou que “aínda” non ten “coñecemento oficial”, sinalou que é “unha asociación máis do sector”, que “nunca deben ser un problema, senón parte da solución”. Nesta liña, subliñou que en próximas semanas presentarán ao sector o borrador da ordenanza, para o que espera a colaboración de sector.

ÚLTIMAS

Santiago avanza na prohibición das tendas de recordos no casco histórico e permitirá novas residencias universitarias

O Concello de Santiago de Compostela deu un novo paso na reforma das normas...

Falece en Santiago o escritor e investigador Xaquín del Valle-Inclán aos 73 anos

O escritor, profesor e investigador Xaquín María del Valle-Inclán Alsina faleceu este luns, 9...

Santa Marta pide aos socialistas mellorar os accesos ao Clínico ante a ampliación do hospital

A ampliación do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) centrou boa parte da reunión...

Goretti Sanmartín fará folga o 11 de novembro e suspenderá a súa axenda pública como alcaldesa de Santiago

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, confirmou que secundará a folga convocada para o...

Santiago aproba a reforma da rúa de Mallou por 1,3 millóns e avanza na regulación do comercio da Cidade Histórica

A Xunta de Goberno local aprobou este luns unha serie de acordos relacionados coa...

Goretti Sanmartín celebra que a Xunta acepte construír 123 vivendas públicas de alugueiro nunha parcela municipal de Santiago

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, valorou este xoves como unha noticia...

O VIII Congreso Internacional Aeroespacial reúne en Santiago a máis de 200 representantes do sector

O VIII Congreso Internacional Aeroespacial (CIAG) reuniu no Palacio de Congresos de Santiago de...