InicioECONOMÍAGadis colabora con UNICEF para o envío de máis de 4.000 vacinas...

Gadis colabora con UNICEF para o envío de máis de 4.000 vacinas e alimentos a nenos de todo o mundo

A empresa achega 4.025 kits de supervivencia no marco da súa iniciativa de Responsabilidade Social Corporativa

Publicado o

Xornal de Compostela

Supermercados Gadis reafirma o seu compromiso coa infancia e a igualdade de oportunidades colaborando un ano máis con UNICEF a través do programa Regalo Azul, unha iniciativa destinada a apoiar a poboación infantil máis vulnerable en contextos de crise humanitaria. Esta colaboración, activa de forma continuada desde hai máis de 30 anos, tradúcese nunha doazón económica para proporcionar vacinas, alimentos e auga potable a nenos e nenas de todo o mundo.

Este ano, Gadis enviou a través de UNICEF un total de 12.075 vacinas contra a polio, a mesma cantidade de sobres de alimento terapéutico e máis de 2,11 millóns de pastillas potabilizadoras, alcanzando un total de 4.025 kits de supervivencia. Estes recursos destínanse a nenos e nenas afectados por conflitos bélicos, catástrofes naturais ou a seca, así como a aqueles que habitan en países en vías de desenvolvemento.

María Montalvo, presidenta de UNICEF Comité Galicia, destacou que “un total de 213 millóns de nenos e nenas en 146 países necesitarán axuda humanitaria ao longo de 2025”. Salientou ademais que a colaboración de Gadis a través do programa Regalo Azul “é fundamental para garantir unha resposta humanitaria oportuna e eficaz”.

UN COMPROMISO A LONGO PRAZO COA INFANCIA

Desde 1993, Gadis mantén esta colaboración anual con UNICEF, adaptando a súa contribución ás necesidades máis urxentes do momento. A iniciativa forma parte do programa de Responsabilidade Social Corporativa da empresa, aliñado cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) do Pacto Mundial de Nacións Unidas.

Entre os ODS que esta acción contribúe a cumprir destacan a erradicación da pobreza, a fame cero, a auga limpa e saneamento e a redución das desigualdades.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here