InicioECONOMÍAAprobada unha nova edición do Programa Integrado de Emprego na Área Empresarial...

Aprobada unha nova edición do Programa Integrado de Emprego na Área Empresarial do Tambre

O programa, que contará con 100 prazas para menores de 30 anos e mulleres desempregadas, superou o 50% de insercións laborais na edición anterior

Publicado o

Xornal de Compostela

A Asociación Área Empresarial do Tambre recibiu a aprobación para desenvolver unha nova edición do Programa Integrado de Emprego de Galicia 2024/2025, financiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE). O programa ofrece formación e oportunidades de inserción laboral para ata 100 persoas menores de 30 anos e mulleres desempregadas.

Os interesados en participar poden contactar coa Asociación no Centro Empresarial do Tambre, situado na rúa Vía Edison, 1, ou a través do teléfono 981 55 28 50.

Na edición anterior 2023/2024, o programa tiña un compromiso de contratación do 45%, mais logrou superar esta cifra, acadando un 50% de insercións laborais efectivas. Máis de 50 persoas accederon ao mercado laboral tras recibir máis de 450 horas de formación. Desde a Asociación, destacan que este éxito foi froito do ‘compromiso e colaboración de todas as persoas involucradas’, incluíndo participantes, técnicas e empresas colaboradoras que facilitaron prácticas non laborais.

ÚLTIMAS

Un paciente denuncia a saturación das Urxencias do CHUS con 20 persoas nos corredores

Un paciente do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) denunciou que 20 persoas ocupaban...

O Sindicato de Vivenda de Compostela denuncia que unha manifestante ingresou no hospital tras unha agresión policial

O Sindicato de Vivenda de Compostela denunciou que varias participantes nas mobilizacións da folga...

Santiago supera por primeira vez as 2.000 bolsas de comedor, material escolar e extraescolares

O Concello de Santiago concedeu 2.083 bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares...

Casa 47 ofrece nove vivendas en Teo con alugueiros de entre 486 e 644 euros ao mes

Nove vivendas de Teo forman parte da nova convocatoria de alugueiro asequible de Casa...

O sector asegurador reúne en Santiago a 400 profesionais para abordar os retos da dixitalización e da substitución xeracional

Compostela acolleu este xoves o XII Encontro Asegurador Galego, unha cita que reuniu arredor...

COGAMI forma en Santiago a 15 persoas de nove concellos para facilitar a súa incorporación ao mercado laboral

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) iniciou en Santiago unha nova acción...

Santiago aproba a reforma da rúa de Mallou por 1,3 millóns e avanza na regulación do comercio da Cidade Histórica

A Xunta de Goberno local aprobou este luns unha serie de acordos relacionados coa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here