InicioDEPORTESA carreira SantYago 10K reunirá ata 2.000 participantes o 30 de maio...

A carreira SantYago 10K reunirá ata 2.000 participantes o 30 de maio nun percorrido nocturno por Santiago

A décima edición da proba combinará deporte, música e solidariedade cunha chegada na praza do Obradoiro

Publicado o

Xornal de Compostela

A cidade de Santiago acollerá o vindeiro 30 de maio unha nova edición da carreira SantYago 10K, unha cita que celebra o seu décimo aniversario consolidada no calendario deportivo local e dentro do circuíto de Cidades Patrimonio. A saída terá lugar na zona de San Francisco e a meta estará situada na praza do Obradoiro, nun percorrido urbano de dez quilómetros que se desenvolverá en horario nocturno, con inicio ás 22:00.

Durante a presentación, a concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, destacou o carácter da proba como “a festa do deporte”, subliñando que non se trata só dunha competición, senón tamén dun evento pensado para o desfrute da cidadanía. A organización, a cargo do Club Atletismo Fontes do Sar, prevé ambientar o percorrido con actuacións musicais co obxectivo de reforzar o seu compoñente lúdico.

O límite de participación fixouse en 2.000 persoas, tras incrementarse respecto da edición anterior, cando se esgotaron as 1.500 prazas antes do prazo previsto. Segundo explicou o presidente do club organizador, José Antonio Juanatey, o ritmo de inscricións está a ser elevado, con máis de 1.600 participantes rexistrados a falta dun mes para o peche. “Se todo segue igual, volveremos pechar antes de prazo”, indicou.

A carreira conta ademais cunha dimensión solidaria, xa que parte da recadación destinarase á asociación Aspanaes, entidade que traballa coas persoas con trastorno do espectro autista. O seu presidente, Ignacio Labella, puxo en valor a visibilidade que lle ofrece a proba e destacou o papel do deporte como ferramenta de integración: “cando hai unha saída e unha meta, todos somos iguais”.

Pola súa banda, o presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín, salientou o crecemento do atletismo na cidade e o atractivo da proba, que combina competición e ambiente festivo. Neste sentido, fixo un chamamento á participación cidadá, tanto para correr como para animar ao longo do percorrido.

No peche da presentación, Lueiro aproveitou para parabenizar os resultados deportivos da fin de semana, destacando eventos solidarios celebrados na cidade e os logros de distintos equipos. Entre eles, mencionou o ascenso do O Compos Sala a Segunda B e trasladou “ánimos” ao Monbus Obradoiro e á SD Compostela de cara ao final de tempada.

ÚLTIMAS

O colectivo de persoas racializadas da acampada do Obradoiro convoca unha concentración contra o racismo no acceso á vivenda

A Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela acollerá este luns 12 de outubro...

Verea acusa o Goberno de Santiago de non preparar a cidade para o Xacobeo 2027

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, cuestionou a actuación do Goberno...

O persoal do comercio de alimentación maniféstase en Santiago para reclamar melloras laborais e salariais

As rúas de Santiago acolleron este sábado unha manifestación de traballadores e traballadoras do...

Sanmartín acusa a Xunta de obstaculizar a zona tensionada e reclama máis datos para avaliar os seus efectos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cuestionou este venres a actuación da...

O Compostela cae ante o Oviedo Vetusta pese a xerar ocasións para empatar no Vero Boquete

A SD Compostela encadeou este domingo a súa segunda derrota consecutiva ao caer por...

As XIV Marchas Ciclistas de Special Olympics percorrerán Santiago con 66 participantes

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 3 de outubro a terceira das XIV Marchas...

A Selección Española masculina de baloncesto xogará en Santiago ante Grecia un partido clasificatorio para o Mundial de 2027

Santiago de Compostela acollerá o próximo 29 de novembro o partido entre a Selección...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here