InicioDEPORTESA SD Compostela empata nas Somozas tras encaixar un penalti nos últimos...

A SD Compostela empata nas Somozas tras encaixar un penalti nos últimos minutos

O conxunto compostelán deixa escapar a vitoria no Manuel Candocia malia dominar o encontro e adiantarse na segunda parte

Publicado o

Xornal de Compostela

A SD Compostela sumou un punto na súa visita ao campo do Somozas tras empatar 1-1 nun partido no que chegou a ir por diante, pero no que acabou cedendo o empate nos minutos finais desde o punto de penalti.

O encontro, disputado no campo Manuel Candocia, estivo marcado polo dominio do conxunto compostelán, que asumiu o control do xogo desde o inicio e buscou con insistencia a portaría rival. Durante a primeira metade, as ocasións máis claras chegaron nas botas de Cañi, aínda que sen éxito de cara a gol.

Tras o descanso, o equipo intensificou a súa presenza ofensiva e acumulou oportunidades. Diego Rodríguez e Antón Guisande dispuxeron de dous mans a mans que foron resoltos polo porteiro local, mentres que unha acción de Cañi estivo a piques de rematar en gol nun despexe sobre a liña.

O 0-1 chegou nun saque de esquina, cando Antón Guisande rematou de cabeza un envío de Cañi para adiantar aos visitantes. Pouco despois, o Compostela tivo a opción de ampliar a vantaxe cun penalti cometido sobre Charly, pero o lanzamento de Cañi foi detido polo gardameta rival.

Co paso dos minutos, o Somozas mantívose no partido e logrou igualar o marcador no minuto 80. Nunha acción a balón parado, o colexiado sinalou penalti por man de Diego Uzal dentro da área, e Cambón transformou a pena máxima para establecer o 1-1 definitivo.

Nos últimos compases, o Compostela tentou recuperar a vantaxe con centros constantes á área, pero sen atopar remate claro que permitise desfacer o empate.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Roque González regresa ao Compostela para reforzar a defensa en Segunda Federación

A SD Compostela recupera a Roque González Delgado para a temporada 2026-2027. O futbolista...

A USC abre este martes a matrícula da súa oferta deportiva para o novo curso

A Universidade de Santiago de Compostela abrirá este martes, 1 de setembro, o prazo de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here