InicioDEPORTESO Concello habilita reforzos de bus para o partido deste domingo do...

O Concello habilita reforzos de bus para o partido deste domingo do Monbus Obradoiro no Fontes do Sar

Un servizo lanzadeira dende a rúa da Rosa e reforzos na liña C11 facilitarán o acceso ao pavillón este domingo pola tarde

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago de Compostela habilitará servizos especiais de transporte urbano con motivo do vindeiro partido do Monbus Obradoiro, que se disputará este domingo 28 de decembro ás 18:00 no Multiusos Fontes do Sar.

Segundo a información facilitada polo Concello, establecerase un servizo lanzadeira de autobús entre a rúa da Rosa e o recinto deportivo a partir das 17:00, co obxectivo de facilitar os desprazamentos das persoas asistentes ao encontro.

Ademais, a liña C11 (circular de Fontiñas) realizará acceso directo ao Fontes do Sar en varias das súas viaxes. En concreto, está previsto o paso polo ámbito do pavillón nas expedicións con horario aproximado por Xeneral Pardiñas ás 16:55, 17:15 e 17:35. As paradas máis céntricas dende as que se poderá coller esta liña sitúanse na praza de Galicia, na rúa da Ensinanza e na rúa Virxe da Cerca.

Ao remate do partido, o Concello manterá operativo o servizo lanzadeira de regreso, que realizará o percorrido inverso con destino á rúa da Rosa, co fin de favorecer unha saída escalonada e reducir o uso do vehículo privado na contorna do pavillón.

Dende o goberno local recoméndase o uso do transporte público para asistir ao evento deportivo, especialmente tendo en conta a previsión de afluencia de público e as limitacións de estacionamento nas inmediacións do Fontes do Sar.

ÚLTIMAS

Antonio López amosa a súa sorpresa pola dinámica de confrontación nas eleccións á reitoría da USC

O actual reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, manifestou este mércores...

A MICE aposta polo rexistro antropolóxico e os sons en perigo na súa 21ª edición

A 21ª edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE), que se celebrará entre...

Marta Abal alerta dun “preocupante freazo” na actividade urbanística en Santiago tras a caída da construción de vivendas

A concelleira do Grupo Municipal Socialista en Santiago, Marta Abal, advertiu dun “preocupante freazo”...

Boqueixón organiza unha andaina pola igualdade e un curso de defensa persoal polo Día da Muller

O Concello de Boqueixón conmemorará o Día Internacional da Muller cunha programación que inclúe...

E-motion logra un pleno de podios no seu debut interautonómico en Madrid

A escola de baile e acrobacia E-motion, con sede en Bertamiráns, estreouse este domingo...

O Hotel Monumento San Francisco acolle unha xornada que promove a vida saudable no marco do Gran Camiño 2026

O Hotel Monumento San Francisco de Santiago converterase este mércores no escenario dunha xornada...

Riki Mangana regresa á SD Compostela e asina ata a fin de tempada

O defensa Ricardo Enrique Mangana Barberá, máis coñecido como Riki Mangana (Caracas, 22/09/1999), volve...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here