InicioDEPORTESAs Marchas Ciclistas Unificadas de Special Olympics Galicia parten do Obradoiro en...

As Marchas Ciclistas Unificadas de Special Olympics Galicia parten do Obradoiro en favor da inclusión e a igualdade

O subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, destaca en Santiago o valor social e integrador do deporte nesta iniciativa que reúne a deportistas, familias e voluntariado

Publicado o

Xornal de Compostela

A praza do Obradoiro acolleu esta mañá a saída das XIII Marchas Ciclistas Unificadas de Special Olympics Galicia, unha actividade que conxuga deporte, inclusión e solidariedade e que se consolida como unha das citas destacadas do calendario galego de eventos sociais.

O subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, participou no acto de inicio e subliñou que “a sociedade é máis xusta cando todas as persoas poden participar en igualdade de condicións”, reafirmando o compromiso do Goberno de España coa inclusión e co apoio a entidades como Special Olympics Galicia, que traballan cada día pola integración real das persoas con discapacidade intelectual.

As marchas teñen como obxectivo promover a convivencia, a igualdade e a integración a través do deporte, e contan coa colaboración de deportistas, familiares, voluntariado e representantes institucionais. Nesta edición, arredor de sesenta participantes completaron un percorrido polas rúas compostelás cunha saída e chegada no Obradoiro, convertendo o corazón da cidade nun espazo de encontro e visibilidade para a diversidade.

ÚLTIMAS

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

A mocidade socialista de Compostela convoca unha protesta de urxencia polo adianto electoral

A Coordinadora da Mocidade Socialista (CMS) convocou para este luns unha mobilización de urxencia...

BNG, Compostela Aberta e PSOE sitúan a vivenda no centro do adianto electoral en Santiago

O BNG, Compostela Aberta e o PSdeG de Santiago reaccionaron este luns ao anuncio...

A Xunta de Goberno dá luz verde ao cambio de uso dunha parcela para construír 36 vivendas públicas en Santiago

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns a ordenación dunha parcela...

O Compostela cae ante o Oviedo Vetusta pese a xerar ocasións para empatar no Vero Boquete

A SD Compostela encadeou este domingo a súa segunda derrota consecutiva ao caer por...

As XIV Marchas Ciclistas de Special Olympics percorrerán Santiago con 66 participantes

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 3 de outubro a terceira das XIV Marchas...

A Selección Española masculina de baloncesto xogará en Santiago ante Grecia un partido clasificatorio para o Mundial de 2027

Santiago de Compostela acollerá o próximo 29 de novembro o partido entre a Selección...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here