InicioDEPORTESO Compos vence ao Cambados cun gol agónico de Pablo Crespo

O Compos vence ao Cambados cun gol agónico de Pablo Crespo

O tanto no tempo engadido dá á SD Compostela a terceira vitoria consecutiva no inicio de liga

Publicado o

Xornal de Compostela

A SD Compostela acadou onte no Vero Boquete de San Lázaro un triunfo traballado por 2-1 fronte ao Cambados, nun encontro correspondente á terceira xornada da Tercera RFEF. O equipo compostelán suma así nove puntos de nove posibles no arranque de competición.

O partido comezou con forza para os locais, que se adiantaron no minuto 4 co primeiro gol de Carlos López coa camisola branquiazul, cun disparo potente dende a frontal da área. A vantaxe puido ampliarse pouco despois, cando Antón Guisande erró unha ocasión clara tras superar ao porteiro rival.

Na segunda metade, o Cambados reaccionou e logrou o empate no minuto 68, grazas a un disparo de Diego Iglesias que entrou pola escuadra. O gol visitante puxo en alerta ao cadro dirixido por Fabiano, que contou co apoio constante da bancada para buscar o desempate.

O desenlace chegou xa no desconto. Nunha acción a balón parado, produciuse a expulsión de Alberto Lago e a lesión de Aarón Martínez, que tivo que ser retirado en padiola pero consciente. Da falta resultante naceu o segundo gol: Armental centrou ao segundo pau e Pablo Crespo cabeceou á rede no minuto 90+3, desatando a celebración no estadio ante os 1.200 afeccionados presentes.

O próximo compromiso do Compostela será nunha visita ao Céltiga na Illa de Arousa, coa intención de prolongar a súa serie de vitorias neste inicio ligueiro.

ÚLTIMAS

O PP de Santiago denuncia “insultos” de manifestantes da CNT durante unha actividade informativa en Carreira do Conde

O Partido Popular de Santiago denunciou este venres un incidente con participantes nunha manifestación...

A CIG denuncia ante a Inspección de Traballo deficiencias de seguridade no laboratorio do Hospital Clínico de Santiago

A CIG-Saúde presentou unha denuncia ante a Inspección de Traballo pola situación do Laboratorio...

Santiago cederá á Xunta unha parcela na Muíña para construír 123 vivendas públicas de alugueiro

O Concello de Santiago cederá á Xunta de Galicia unha parcela municipal na Muíña...

Un veciño de Santiago asegura que tivo que mudar de casa tras anos de acoso homófobo por parte dun matrimonio

A Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, xulgou este venres un matrimonio...

O pavillón do Restollal homenaxea a Alejandra Neira, Esther Pedrosa e Borja Iglesias cun mural colaborativo

O pavillón do Restollal conta dende hoxe cun novo mural dedicado a tres referentes...

Santiago acollerá por primeira vez a Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas o 22 de novembro

Santiago de Compostela incorporarase este ano á Carreira das Cidades contra o Cancro de...

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here