InicioDEPORTESOs centros MultiSan de Santiago lanzan o 'Pasaporte á lonxevidade'

Os centros MultiSan de Santiago lanzan o ‘Pasaporte á lonxevidade’

Trátase dun novo proxecto que busca fomentar hábitos saudables entre os abonados a través de retos e actividades físicas

Publicado o

Xornal de Compostela

Os centros MultiSan de Santiago, que inclúen o Multiusos Fontes do Sar e Santa Isabel, presentaron este martes o novo proxecto Pasaporte á lonxevidade’, unha iniciativa pensada para fomentar hábitos saudables entre os seus abonados. O obxectivo deste programa é axudar aos participantes a gañar en benestar e vivir máis e mellor”, segundo detallaron os responsables dos centros durante unha rolda de prensa.

A presentación estivo a cargo do xerente dos centros, Xosé Antón Antelo, e a directora de xestión estratéxica, Chelo Suárez, que explicaron os detalles deste proxecto. O ‘Pasaporte á lonxevidade’ consiste nun documento de formato pasaporte que inclúe case 30 retos saudables, divididos en catro bloques de actividades: acuáticas, dirixidas, de adestramento en sala e actividades especiais. Estes retos, que son fáciles de realizar e accesibles para calquera persoa”, teñen como finalidade mellorar a saúde e o benestar dos participantes.

O doutor José Ramón González Juanatey, xefe de Cardiología no Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS), resaltou a importancia desta iniciativa, facendo especial fincapé en que a principal meta é chegar a aquelas persoas cun nivel socioeconómico e educativo máis baixo”, xa que este condicionante afecta de maneira significativa á súa expectativa de vida.

O ‘Pasaporte á lonxevidade’ non se centra en actividades físicas, senón tamén en xerar novos hábitos saudables entre a poboación, permitindo que os usuarios descubran diferentes formas de coidarse e mellorar a súa calidade de vida. Entre as actividades que os abonados poden realizar están clases de pádel ou tenis, adestramentos de forza con máquinas guiadas, rutas ao aire libre e actividades acuáticas, entre outras.

Para participar, os abonados deberán recoller o seu pasaporte nas recepcións dos centros, na cafetería ou no centro de estética. Cada vez que completen un reto, recibirán un selo no pasaporte. Ao completar 16 selos, poderán entregalo para recibir un agasallo, sendo os primeiros dez que o consigan premiados cun mes extra de ximnasio de forma gratuita. A promoción está limitada a un pasaporte por persoa e ten un total de 300 unidades dispoñibles.

Este proxecto, que se prolongará durante seis meses, é unha iniciativa para axudar á poboación a mellorar a súa saúde a través de pequenas accións, celebrando os avances e recoñecendo a importancia de cada movemento na procura dunha vida máis longa e saudable.

ÚLTIMAS

Santiago e A Coruña crean un grupo de traballo para coordinar as súas políticas nas zonas de mercado tensionado

As alcaldesas de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, e da Coruña, Inés Rey, acordaron...

Santiago mantén a vixilancia sobre o vertido de Tordoia malia o freo do seu avance

O vertido de purín provocado pola rotura dunha balsa nunha explotación gandeira de Tordoia...

A Policía propón para sanción o dono dun local de Santiago por permitir o consumo de drogas no interior

O propietario dun establecemento de Santiago de Compostela foi proposto para sanción por permitir...

Usuarios de Monbus denuncian falta de prazas no autobús das 06:45 entre Santiago e A Coruña

A Plataforma de Afectados 645 denunciou os problemas de capacidade que, segundo asegura, se...

A Selección Española masculina de baloncesto xogará en Santiago ante Grecia un partido clasificatorio para o Mundial de 2027

Santiago de Compostela acollerá o próximo 29 de novembro o partido entre a Selección...

Santiago homenaxea a Borja Iglesias tras proclamarse campión do mundo coa Selección Española

O futbolista Borja Iglesias regresou este luns á súa cidade natal como campión do...

Santiago de Compostela dará inicio a unha Volta Ciclista España 2027 que arrincará en setembro

A próxima edición 2027 da Vuelta Ciclista a España sairá de Galicia, concretamente da...