InicioDEPORTESO Compos logra unha vitoria clave ante o Salamanca e mantén viva...

O Compos logra unha vitoria clave ante o Salamanca e mantén viva a loita pola permanencia

O equipo santiagués impúxose por 1-0 no debut de Secho en San Lázaro grazas a un gol de Markitos

Publicado o

Xornal de Compostela

A S.D. Compostela sumou este domingo unha vitoria vital por 1-0 ante o Salamanca CF UDS no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro, nun partido correspondente á 30ª xornada da Segunda RFEF Grupo 1, que marcou o debut de Secho como adestrador local en casa. O triunfo mantén con vida ao equipo na loita pola permanencia e enche de esperanza á afección compostelá, que respondeu con forza nas bancadas.

O encontro comezou con intensidade por parte do conxunto santiagués, que dominou claramente a primeira metade. A recompensa chegou no minuto 20, cando un centro milimétrico de Roque dende a dereita atopou a cabeza de Markitos no segundo pau, que rematou con precisión para bater ao gardameta visitante e facer o 1-0 definitivo.

O gol animou aínda máis aos seareiros, que empuxaron ao equipo durante os 90 minutos. O Compos puido aumentar a súa vantaxe antes do descanso, pero Markitos non conseguiu finalizar unha segunda ocasión clara.

Na segunda parte, o Salamanca deu un paso adiante e incomodou máis ao cadro local, que tivo que sufrir e resistir defensivamente. A entrada de xogadores como Fausto Tienza, Manu Rivas ou Trasi serviu para refrescar o medio campo e a defensa, mentres que Hugo Matos estivo preto de sentenciar con algunha chegada perigosa.

O xogo fíxose máis trabado nos últimos minutos, pero o Compos mantivo a orde e soubo pechar o partido, sumando así tres puntos fundamentais para seguir soñando coa salvación.

A vitoria cobra especial valor non só polo resultado, senón polo apoio da bancada, cun total de 1.360 espectadores que converteron San Lázaro nun fortín. O propio Secho agradeceu tras o partido a entrega do equipo e a resposta da afección, fundamental neste tramo final de liga.

Co triunfo, a SD Compostela afronta agora unha nova final o vindeiro sábado, esta vez a domicilio, ante o CD Laredo, nun encontro que se disputará ás 18:00 horas no Estadio San Lorenzo. Un partido crucial para manter a liña ascendente e seguir sumando puntos na recta decisiva do campionato.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

A SD Compostela renova a continuidade de Pablo Crespo e Adrián Armental para competir en Segunda Federación

A SD Compostela continúa a configurar o cadro de xogadores co que afrontará o...

Santiago acollerá en xullo os XVI Xogos do Eixo Atlántico con case 2.300 deportistas

A cidade de Santiago de Compostela será a sede dos XVI Xogos do Eixo...

A SD Compostela celebra no Concello o seu ascenso á Segunda Federación

A SD Compostela foi recibida no Concello de Santiago tras conseguir o ascenso á...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here