InicioDEPORTESSantiago acollerá o Campionato Galego Infantil e a Copa Cadete de Karate...

Santiago acollerá o Campionato Galego Infantil e a Copa Cadete de Karate o 8 de marzo

O pavillón de Santa Isabel reunirá preto de 460 deportistas e 90 adestradores nun evento clasificatorio para o Campionato de España en Logroño

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

O pavillón municipal de Santa Isabel, en Santiago de Compostela, converterase o próximo 8 de marzo na sede do Campionato Galego Infantil e da Copa Cadete de Karate, un evento que congregará a máis de 460 deportistas, ademais de 90 adestradores e 25 árbitros. Esta cita é de especial relevancia ao ser clasificatoria para o Campionato de España Infantil, que terá lugar en abril en Logroño.

A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, presentou o evento en rolda de prensa acompañada do presidente da Federación Galega de Karate, Óscar Lafuente, destacando que o evento reforza o compromiso do Concello de Santiago coa promoción do deporte base. ‘Queremos converter Santiago nun referente deportivo, apoiando iniciativas que impulsen a base deportiva e favorezan o crecemento de disciplinas como o karate’, sinalou Lueiro.

Santiago contará con 37 deportistas locais procedentes de tres clubs: o Avalon Kai, o Escoás Club Santiago e o Buxi Kai. As competicións dividiranse en dúas sesións: pola mañá, a partir das 9:30 horas, competirán as categorías benxamín, alevín e infantil, mentres que pola tarde, desde as 16:30 horas, será a quenda das categorías cadete.

Óscar Lafuente subliñou o crecemento da participación con respecto ao ano pasado, cando asistiron 398 deportistas, destacando que esta será a edición con maior número de participantes dos últimos anos. ‘Estamos moi contentos de ver como o karate segue medrando en Galicia, especialmente nas categorías de base’, afirmou.

RETRANSMISIÓN EN LIÑA E ACCESIBILIDADE

Para aqueles que non poidan asistir ao evento, a Federación Galega de Karate habilitará unha retransmisión en directo a través do seu canal de YouTube, ofrecendo así a oportunidade de seguir as competicións desde calquera lugar.

A concelleira Lueiro aproveitou a ocasión para reiterar o apoio institucional ao deporte local: ‘Eventos como este son fundamentais para seguir incrementando o número de practicantes desta disciplina en Santiago e Galicia’.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Roque González regresa ao Compostela para reforzar a defensa en Segunda Federación

A SD Compostela recupera a Roque González Delgado para a temporada 2026-2027. O futbolista...

A USC abre este martes a matrícula da súa oferta deportiva para o novo curso

A Universidade de Santiago de Compostela abrirá este martes, 1 de setembro, o prazo de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here