InicioDEPORTESA SD Compostela lanza a campaña "Volver" para o partido de Copa...

A SD Compostela lanza a campaña “Volver” para o partido de Copa do Rei contra o Alavés

A iniciativa busca converter o encontro no Vero Boquete nunha gran festa do fútbol

Publicado o

Xornal de Compostela

A SD Compostela puxo en marcha a campaña especial “Volver” co obxectivo de que o partido de Copa do Rei contra o Deportivo Alavés, que se disputará o martes 29 de outubro ás 19:00 horas no Vero Boquete, sexa unha auténtica festa do fútbol. A campaña destaca a oportunidade de “volver ilusionarse” e vivir un encontro de Primeira División en Santiago.

A presentación da campaña, celebrada na mañá deste mércores en Área Central, contou coa presenza de Miguel Fernández, xerente do club; Pilar Lueiro, concelleira de Deportes; Sara Castedo, xerente de Área Central; e Pablo Iglesias, xestor comercial de Mahou en Galicia. Segundo Fernández, a venda de entradas está sendo un éxito, con máis de 3.000 xa despachadas, e animou aos abonados a retirar as súas antes do venres 25.

O encontro contará con múltiples accións promocionais, actividades para os máis pequenos, merchandising especial e melloras no estadio, como unha nova iluminación que cumpre cos estándares da Real Federación Española de Fútbol.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Roque González regresa ao Compostela para reforzar a defensa en Segunda Federación

A SD Compostela recupera a Roque González Delgado para a temporada 2026-2027. O futbolista...

A USC abre este martes a matrícula da súa oferta deportiva para o novo curso

A Universidade de Santiago de Compostela abrirá este martes, 1 de setembro, o prazo de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here